terça-feira, 12 de junho de 2007

ERROS INDECENTES

E incrible o que poden facer sentir uns polvos furtivos mais iso non é xustificación pra o que pasou aquel día. A planificación e o cariño dos preparativos,pasteis engadidos e cravos do 25 de Abril, terían que incentivar o noso amor e a miña erección pero para a miña decepción e a de Manola tanta parafernalia furtounos o doce polvo e emprestounos un “jatillaso” superlativo e a conseguinte frustración de ámbolos dous.
Gustaríame explicarlle que non son un enfermo que tan só responde en lugares públicos con veciñas itinerantes, gustaríame dicirlle que na casa sempre fun un reloxo suízo que marcaba as horas con Uxía entre bico e bico pero xa tanto ten porque sei, que hoxe perdín puntos na bolsa de valores da miña Manola e iso, tenme esnaquizada a autoestima viril. Sempre fun un feble mental ao lanzar o penalti da vitoria no derradeiro minuto.

1 ELOS:

Anónimo disse...

Indecente deixar a Manola a velas vir¡¡¡ Espero que a compenses cun polvo destes a media mañá... Un bico Torreira. Gústme seguirche porque sáeme un punto salido que lo flipo...(valdeorosa-rosa)