quinta-feira, 14 de junho de 2007

A Tola

E por fin espertou.
Non se decatara do tempo que transcorrira dende que se deitara naquel recuncho que a ela sempre lle parecera paradisíaco, non se decatara do tempo porque deseguida quedou durmida.
Tan ben se sentiu que se deixou transportar a outro tempo, aquel no que fora tan feliz, sen os problemas que virían despois e que tan desgrazada a fixeran.
Pero hoxe, sin saber moi ben porqué, ou cecai si que o sabía, foise paseando ata aquel paraxe que era como un refuxo para ela, e deixouse invadir por completo daquela felicidade de entón.
Non imaxinara que lle ía sentar tan ben esta soidade buscada.
Foi maravilloso, como nos millores tempos da adolescencia coa Tola, aquela amiga imaxinaria que a acariñaba tan ben, e lle daba tantos mimos e tanta compaña.
Con ela aprendera a disfrutar do seu corpo, de cada recuncho, de cada anaquiño de pel, aprendera a buscar e a recoñecer novas sensacións. A verdade é que aquelas tardes solitarias coa Tola foran sempre moi instructivas; aprendeu con ela toda a xeografía do seu corpo.
Non sabía moi ben Manola cando deixara de se reunir coa Tola, se cadra cando marchou a vivir a cidade ou cando botou aquel noivo co que logo casou e que foi o primeiro erro dunha serie de moitos que cometería despois, o caso é que hoxe de novo voltara a se encontrar con ela, e que ben o pasou!
Había moito tempo que nada a fixera sentir así, nin nunca desde que deixara as reunións coa Tola disfrutara tanto do sexo, nin se quera co tipo este co que se encontraba na escaleira os Martes; e que finalmente i á hora da verdade, non foi nada do que ela esperaba.
É máis aquel encontro inda que buscado e preparado, tornouse nunha situación sórdida que a fixo sentirse culpable e lle volveu a meter a angustia no peito.

2 ELOS:

Silvio Falcón disse...

Persoalmente estou satisfeito coa historia da Manola. Pero prégolles aos que tan ben estades á argallar na historia que non a alonguedes eternamente (que si, que me tedes en ascuas jajaja) porque hai moita xente que tamén quere dicir a súa pero, por mor de meterse nunha historia allea, non o fai.

!Manola sempre poderá aparecer!

E que conste que o digo polo ben dos usuarios de ELOS jeje. Estou preparando novidades pra todos jeje, por iso non participei.

Unha aperta a todos

Silvio Falcón disse...

Por certo, noraboa a todos, estades/estamos facendo de ELOS o blog numero 290 do Blogomillo! Noraboa!