segunda-feira, 10 de setembro de 2007

A Muller de hoxe

"eu quero ser erótica e, por que non?, pornográfica."

Palabra de muller, segundo Lúa. E sí, de ben seguro que durante estes últimos anos temos visto o derradeiro espaldarazo da loita pola igualdade por parte da muller. As leis, por primeira vez en moitos anos, defenden (non só teóricamente) a discriminación en diversos ámbitos por sexo ou por outro tipo de cuestións.

As mulleres fortes, decididas e valentes teñen conquistado moito máis que calquera lei desa xurisdicción pactada e votada, aínda hoxe, por unha maioría aplastante de homes (sí, no Congreso).

Por iso, toda a labor desta xente é digna de mencionar.