sábado, 1 de março de 2008

Alieníxenas en son... de paz ecolóxica??

Ó alieníxena estoupoulle a cabeza e Galicia ficou ceibe e minifundista dous mil anos máis. E é que o progreso é alieníxena. O que non sabemos é se veñen en son de paz.

Un progreso que máis semella alieníxena ca terrícola(ou alomenos digno dos comics de spiderman dos anos 70) son os transxénicos. Si, eses produtos que ao comelos nos volvemos verdes e nos saen antenas. Estou ironizando, sería ben mellor que fose así.

O máis semellante aos transxénicos vén do mundo audiovisual, en especial, da película "The six Sense" onde aparece Bruce Willis. Por se non o sabiades, ao final está morto, xa é unha peli vella, podo permitirme desvelalo. Pois nesa película, unha rapaza morta maniféstaselle a un rapaz para que lle dea un vídeo ao seu pai. Nese vídeo, a madastra botaba un taponciño de... ¿lixivia? un dos grandes misterios da película, que ían pouco a pouco envelenando á rapaza ata matala. O pai, supoñemos que divorciaríase daquela muller por e a denunciaría e sabe cristo as que lle montaría. Pero todos nós facemos a mesma pregunta: "Por que a rapaciña non dixo nada ata que morreu?"

E iso me pregunto eu. Nós mesmos aínda estamos peores que a nena xa que dubido que moitos teñan a seguridade de atopar ao neno que nos vexa despois de mortos. Pero nos están envelenando. A nosa madrastra, a Unión Europea, aprovou o xullo pasado unhas normas polas que se permitía nos alimentos cun "pouquiño" de transxenidade e contaminación denominado "accidental ou unevitábel" chamalos "ecolóxicos". Curioso, porque outros conseguen que ese pouquiño inevitábel ou accidental non estea. Polo tanto, aquí a nosa madastra nos da garantías, a garantía de que se non compramos ecolóxico imos ter nas nosas más un produto moi contaminante... que ben...

E a cousa non se queda ahí. O permiso para cultivar en tranxénico para vender en ecolóxico (a isto deben chamarlle fomentar a agricultura ecolóxica) tamén aparece o non permiso para cultivar e criar en ecolóxico. Refírome, un dos casos máis claros son os ovos da casa. Unha señora, que ten as súas pitas ben coidadas, e con visitas do veterinario, en condicións boas, resulta que non pode vender os seus porque non están marcados cunha máquina de coste de varios millóns das antigas pesetas, varios tramos de 6.000 euros deberemos dicir agora, que etiqueta os ovos coa data do día...

Polo que se es pobre, podes comprar productos non ecolóxicos, ou tamén comprar froita decorativa de cera que vai ser do mesmo estilo, ou gastar os cuartos e comprar productos etiquetados de ecolóxicos que significa que só están un pouco menos contaminado que o resto. Ten coidado con comer cousas da casa porque iso en breves non será "legal"...

A este alieníxena non lle estoupará a cabeza, nola fará estoupar a nós. Mireno polo lado bo. E vinte anos poderemos comer hamburguesas "ecolóxicas" no McDonalds sen que teñan que cambiar a receita.