sábado, 8 de março de 2008

Política e hamburguesas

E vinte anos poderemos comer hamburguesas "ecolóxicas" no McDonalds sen que teñan que cambiar a receita. 2o anos e un día despois, McDonalds tiña o monopolio do negocio dos restaurantes de comida rápida debido ó apoio recibido polo ministerio de Sanidade tras a implantación das receitas ecolóxicas e Bernat Soria, o ministro de Sanidade levaba xa 21 no seu posto. Este ministro, vivira a costa do éxito das hamburguesas ecolóxicas que o seu ministerio promocionara, pero isto estaba cambiando, ó noroeste da península, nunha terra que os máis vellos chamaban Galiza acababa de aparecer un alimento novo que ameazaba a supremacía das hamburguesas, o cocido light. Este cocido estábase extendendo rapidamente a través dos restaurantes Fraga King que dirixidos polo Partido Popular buscaban botar da Moncloa a Zapatero e ós seus ministros. Ante esta ameaza e tras celebrar un gabinete de crise, o goberno decidiu xogalo todo a unha soa carta, alterar a receita milagrosa das hamburguesas ecolóxicas botándolles ´´enriquecedores´´ químicos para combater ó cocido. Pero iso sí, os cidadáns non poderían sabelo xa que tras 20 anos promocionando o ecolóxico e a uns días das eleccións semellante noticia sería a súa sentencia de morte. E dito e feito, deuse a orde de que se enriqueceran as hamburguesas. A xente, que levaba 20 anos comendo a mesma merda non apreciou o cambio pero o plan tivo o efecto desexado xa que do cocido non se voltou saber nada. O PSOE gañou as eleccións, Bernat Soria continuou sen facer nada, os gobernos seguiron mentindo e ocultando cousas eternamente e Fraga cansouse de perder e deixou por fin de tocar os collóns ( con perdón). Vamos que casi todo seguiu como sempre.