Pretenden facernos crer que vivir cun home ou unha muller é unha pesada carga á que non poden renunciar. Cando foi unha escolla libre que un día fixeron e non deixan por comodidade, preguiza ou medo.
Disque neste momento, unha parella acaba de se divorciar e só pasarán catro minutos antes de que o faga outra. E ainda queres que pensemos que ti non podes coller a porta e marchar sen mirar atrás? Que só empregas iso coma unha desculpa, cando o que pasa é que és un cobarde? Deberías saber que tan libre é o que escolle quedar coma o que escolle marchar.
Parella, fillos, familia, non busques desculpas se non sabes desfrutar de quen és, sae á rua e berra:
-á vosa disposición. facede comigo o que queirades!
E abofé que cando deixes as desculpas haberá alguén agardando pola súa oportunidade contigo.

1 ELOS:
Boa entrada!
Enviar um comentário