terça-feira, 12 de janeiro de 2010

Carta a un irmäo

Escrevo estas linhas non tanto para darche a conhecer os detalles e matices que suponho xa conheces, senon, polo puro pracer literario e filosófico que un texto coma éste pode producirme no ámbito da reflexión interior e na experimentación literaria. Pretendo, con todo isto, botar unha ollada intimista sobre o meu propio ser, sobre as minhas propias circunstancias particulares, sexan estas únicas ou compartidas por outros. Pois, preciso da reflexión para recuperar o alento.

Por onde comezar, difícil decisión... O primeiro que debo dicir non é outra cousa que solicitar a clemencia da túa pluma, sexa ésta real ou dixital, posto que xa sabes de antemán que os dogmas non son o meu: e que, polo tanto, costame en exceso aprender e facer parte do meu conhecemento tódalas normas ortográficas e gramaticales que por falta de cultura ao respeito non logro comprender nin razoar. Dando coma resultado que a minha forma particular de empregrar esta nossa lingua poda resultar particularmente caótica e imprecisa, incorrecta se o prefires mais, livre e inocente.

De neno, antes de que nos conhecéramos era máis activo, ou polo menos isso creo agora. Mantinha o meu carácter único dunha forma idéntica a actual mais distinta; é difícil de argumentar... Sigo a ser o mesmo neno máis dunha forma diferente. Se cadra foi a minha intelixencia; ou eso din, pois eu non creo que en min esa cualidade tanxible para os que se din expertos na materia sexa tan abundante, pois, non fago máis que cometer erros.

Dita suposta intelixencia que conseguiu superar o carácter contemplativo e descansado, do que fago costume e tradición, logrou dunha forma lenta, pausada pero constante, que me lanzara a un mundo imaxinario, o mundo das ideas e das letras que as expresan, o mundo literario que ti tamén conheces bem.

Cando a mayoría dos meus contemporáneos aínda corría, inocentemente, detrás ou diante, según se mire, dunha pelota, eu, prefería a soedade e o silencio do lector furtivo e tímido, do sonhador esperto do neno ilusionado e aventureiro. Foi nesse momento, se cadra, pasados os anos de correr e xogar polos montes cando empezaba a ver o mundo cós ollos do crítico, cós ollos do poeta. As ideas surxían no meu interior e as conclusións chegaban con cada ollada.

Abriren os ollos produxo en min a surxida dun gusto heroico e romanticón que non deixou de medrar ata fai pouco tempo. Foi tempo de aprender, de escoitar e calar, de ver e reispetar. Foron tempos de presenciar os debates e as opiniones dos demáis xerando deste modo unha opinión propia dende a sombra, dende o silencio da inocencia e o medo a opinar fronte a xente naquel momento fora do meu alcance.

Aínda que sempre fun autodidacta no ideario e sendo pouco modesto, neste caso, a minha opinión rara vez partiu dun texto ou autor senon que istes, leídos a posteriori foron empregados como argumentación ou ampliación de conclusións e ideas xa pensadas. Por isso me resulta tan difícil de definir o meu pensamento cando se me pide precisión e coherencia. O mudar coa razóm según un vai adquirindo novos conhecementos e descartando outras conclusións xa superadas, isso que os homes de cienzas chamamos método ou falseamento. Este proceso pódese considerar positivo en grupos compostos por xente coma nós, máis a experiencia reveloume que sempre é un obstáculo frente a aqueles fundamentalistas que persiguen o dogma facendo da ideología relixión e da razóm un simple deus menor.

A independencia ideal ou ideolóxica no ámbito práctico sempre me permitiu, dentro dos marxes da contradicción, entregarme sen reserva a calquera que propuxera ou vislumbrara un campo de batalla. Máis isto non é novo para ti que compartiches algunhas dessas derrotas agridulces fai tempo.

É conhecida, por ti e por moitos outros, a minha filosofía de vida, en canto todo o que atanhe ao pensamento polo que non vou perder tempo en aclarar ou recalcar a importancia da autocrítica e da renovación, ou se o prefires por empregaren termos cultos e técnicos, da revolución permanente levada ao campo persoal.

A pesar do tempo e do caminho percorrido, dos livros e textos lidos, da experiencia das asambleias, dos debates, dos coloquios, do visto nas casas ocupadas, do compartido con ideoloxías similares e distantes ao mesmo tempo; a facilidade para expresarme e sobre todo para defender o meu pensar sen fisuras e contradiccións asim como evitar as trampas dialécticas segue a ser unha asignatura pendente desta carreira que é a vida. Algúns días sintome impotente ante a imposibilidade de describir con palabras as ideas e funcionamientos que na minha imaxinación parecen funcionar…

Con cada derrota, e creo que non ganhei nunca ao contrario do que pensan algúns dos que combateron ao nosso lado; pois non descarto pecar de pesimista neste punto, máis vencido me sinto. Dende pequeno identificado cos perdedores, colectivo do cal nunca saín e dudo que algún día abandone. Non acabo de explicarme como esse neno heroico e apasionado da estrategia e da guerra, que fun e sigo sendo, podía identificarse cós perdedores; non creo que fosse o normal máis asim aconteceu.

Desta maneira con cada derrota fun perdendo impulso, desenganándome, mudando os gustos, sentimentos, proxectos e ilusións. Volvendo unhas veces con moita forza pero ao fin e o cabo perdendo unha e outra vez. Estes cambios supuxeron e aínda suponhen unha pérdida de esforzo e tempo, pois seguía a bucar algo que seguramente non exista. Os proxectos derrotados ou avandonados a medias acomúlanse nos estantes do meu sentir.

Có aumento da experiencia as esperanzas de encontrar o que se buscaba íanse perdendo e en consecuencia as ganhas e forzas por seguir a na súa procura esvaecíanse rápidamente.

Deste modo, amargado polas inxustizas que tiven que soportar e aínda soporto e por aquelas que aínda que alleas a minha perssoa, fun testigo e, sobre todo aflixido pola imposibilidade de mudar a realidade en base ao ideal, cheguei a conclusión de que non só desprezo o meu século, o tempo que por sorte me tocou vivir, senon que non creo que neste lugar poda satisfacer as necesidades adquiridas con cada paso do meu lento caminar, satisfacendo deste modo ao meu esprito ou polo menos a esa parte do meu ser que parece ter algo a maiores do que rixen as leis da física e que se escapa ao meu conhecemento.

Por isso, na soidade desta tarde chuviosa e gris de agosto, baixo o son do ondear constante do mar que máis que repouso e sosiego produce en min intranquilidade, pois me recorda o tic-tac dun reloxo eterno e inexorabel; cheguei a conclusión de que a culpa non a de estar toda na minha perssoa, no meu ser sendo o tempo, regalado, parte do problema. Por isso non rechazaría, polo tanto, unha vida noutro tempo máis… idealista, máis romántico.

Pero unha vez máis, por non variar, volvo a errar. Hoxe e non outro día, a necesidade de abstracción, de voar lexos da realidade que me afoga cada día, deixoume caer nas mans un libro dun autor non só máis culto, preciso e útil para o xénero humano do que eu xamais sonharía poder chegar a ser, senon contemporáneo de tempos heroicos e idealistas; tempos románticos aos meus ollos. Tenho a impresión de que si escribo estas linhas e pola forza das súas palabras e a imposibel, baixo o meu criterio, superposición sentimental e intimista coa súa perssoa e o seu sentir, pois das súas ideas discrepo. El que viviu mellores tempos tamén despreciaba o seu século, os seus contemporáneos e a imprecisión do seu nacemento.

¿Cómo é posible que home tan relevante para a ilustración do nosso xénero, protagonista da historia e do pensamento, sentira o que eu sinto polo meu tempo?

Sigo a procura da desposta nos seus textos. Penso que o problema non está por tanto na realidade senon nos ollos da perssoa crítica. Tanto él coma eu estabamos errados en botarlle a culpa ao mundo que nos tocou vivir, sendo o seu error o que me levou a correcta conclusión, aínda parcial e sesgada pois precisa de máis reflexión pola minha parte.

Outros ciudadans passan polas rúas das cidades e vilas, máis éstas non passan por eles. Como bem me comentabas non é que miren para outro lado é que simplemente non ven, o seu cerebro bloquea a súa visión. Por isso creo que a visión da realidade, por gris e cruel que ésta sexa, é un don. Un don que nos permite empregrar a razóm como arma pero que ten unha malcidición inherente a súa composición. A maldición sen lugar a duda é a frustración do espectador espantado polo que ve, a frustración de aquel que sentado na cadeira quere meterse dentro da película para mudar o seu guión, a frustración da impotencia.

Moitas preguntas chegan sem orden aparente a minha mente nesta praia, máis as respostas non me son dadas. Como bem che dicía, nun principio, ando perdido e sen desalento. Agardo batallas que loitar coma sempre, mais a esperanza de ganhalas non me acompanha. Xa non creo na victoria, a guerra paréceme perdida antes incluso de serem declarada. Son un soldado que defende unha patria que non existe, que leva unha bandeira olvidada e nunca victoriosa nesta a nossa historia.

Só me queda despedirme e agardar que cando volva destes viaxes e alonxamentos aos que estamos obrigados aqueles que por falta de valor ou polo peso das responsabilidades tivemos a desgraza de elixir serem excravos a morrer de fame, sexan, entón, mellores as novas.

Saúde é Liberdade, amigo.

6 ELOS:

L. Celeiro disse...

O primeiro desculparme por non seguir a norma da última e a primeira linha, pero non me din de conta.

Segundo crear un pouco de debate "intelectual", no texto refirome a un autor alguén saberia quen é?

Bolchevique disse...

Vou dicir Carlos Marx, pero supoño que non o vai ser.

Cedricko Hansel disse...

oi, meu nome é Cedricko Hansel, eu morro no Brasil, eu sou da cidade de São Luís, no estado do Maranhão.
Estou iniciando o meu blog agora e estou pesquisando o blogger procurando pessoas. Se caso quiser ser meu colega, será o meu primeiro colega internacional, nunca tive o prazer se conversar com alguém de fora do Brasil.
eu vou te segui agora, se quiser pode me segui, mas não agora, pode me conhecer e no seu leito de morte pode me seguir.
Credo! eu nem sei iniciar uma conversa boa.
visite meu blog para me criticar, elogiar, atazanar, desmascarar, brincar, gargalhar, atazanar, atazanar eu já falei, deixa eu ir..senão eu falo mais.
te espero ou não?

joven disse...

hi, you have nice blog.. u can view also mine..http://akoniwares.blogspot.com

joven disse...

beautiful blog..pls visit mine and be a follower.. thanks and God bless..

http://forlots.blogspot.com/

ed hardy chothes disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.