sábado, 9 de janeiro de 2010

A felicidade

Has de saber que cando menos buscas algo, máis doado será de atopar. Así é a vida, así de sinxela. Iso pasa cos traballos, cos amores, coas oportunidades, cos soños, cos obxectivos!! Pasa con tantas cousas que ás veces a un dalle medo crer neste tipo de máximas. Pero, cando menos o esperas... ZAS! Efectivamente, volve pasar.

A min pásame a cotío, e máis estando fora da Galiza. Atopar un galego é unha sensación de sorpresa (cada vez sorpréndome menos, iso sí), pero ver que está disposto a colaborar contigo en mil e un proxectos... Non pasa sempre. As sorpresas son froito das decepcións. Cando algo te frustra, algo non te acaba de encher e, de súpeto, a situación colle un cariz diferente, chega a felicidade.

Por iso eu digo; aínda che van ser máis felices os emigrantes galegos que os galegos da Galiza. Bueno, non o creo. Pero polo menos, algo diso sí que hai.

1 ELOS:

Unknown disse...

eu opino que a felicidade a hai qe atopar qe non vai ficar nun sitio ate qe a encontres!!
moi boa mensaxe silvio!!