terça-feira, 12 de janeiro de 2010

Carta a un irmäo

Escrevo estas linhas non tanto para darche a conhecer os detalles e matices que suponho xa conheces, senon, polo puro pracer literario e filosófico que un texto coma éste pode producirme no ámbito da reflexión interior e na experimentación literaria. Pretendo, con todo isto, botar unha ollada intimista sobre o meu propio ser, sobre as minhas propias circunstancias particulares, sexan estas únicas ou compartidas por outros. Pois, preciso da reflexión para recuperar o alento.

Por onde comezar, difícil decisión... O primeiro que debo dicir non é outra cousa que solicitar a clemencia da túa pluma, sexa ésta real ou dixital, posto que xa sabes de antemán que os dogmas non son o meu: e que, polo tanto, costame en exceso aprender e facer parte do meu conhecemento tódalas normas ortográficas e gramaticales que por falta de cultura ao respeito non logro comprender nin razoar. Dando coma resultado que a minha forma particular de empregrar esta nossa lingua poda resultar particularmente caótica e imprecisa, incorrecta se o prefires mais, livre e inocente.

De neno, antes de que nos conhecéramos era máis activo, ou polo menos isso creo agora. Mantinha o meu carácter único dunha forma idéntica a actual mais distinta; é difícil de argumentar... Sigo a ser o mesmo neno máis dunha forma diferente. Se cadra foi a minha intelixencia; ou eso din, pois eu non creo que en min esa cualidade tanxible para os que se din expertos na materia sexa tan abundante, pois, non fago máis que cometer erros.

Dita suposta intelixencia que conseguiu superar o carácter contemplativo e descansado, do que fago costume e tradición, logrou dunha forma lenta, pausada pero constante, que me lanzara a un mundo imaxinario, o mundo das ideas e das letras que as expresan, o mundo literario que ti tamén conheces bem.

Cando a mayoría dos meus contemporáneos aínda corría, inocentemente, detrás ou diante, según se mire, dunha pelota, eu, prefería a soedade e o silencio do lector furtivo e tímido, do sonhador esperto do neno ilusionado e aventureiro. Foi nesse momento, se cadra, pasados os anos de correr e xogar polos montes cando empezaba a ver o mundo cós ollos do crítico, cós ollos do poeta. As ideas surxían no meu interior e as conclusións chegaban con cada ollada.

Abriren os ollos produxo en min a surxida dun gusto heroico e romanticón que non deixou de medrar ata fai pouco tempo. Foi tempo de aprender, de escoitar e calar, de ver e reispetar. Foron tempos de presenciar os debates e as opiniones dos demáis xerando deste modo unha opinión propia dende a sombra, dende o silencio da inocencia e o medo a opinar fronte a xente naquel momento fora do meu alcance.

Aínda que sempre fun autodidacta no ideario e sendo pouco modesto, neste caso, a minha opinión rara vez partiu dun texto ou autor senon que istes, leídos a posteriori foron empregados como argumentación ou ampliación de conclusións e ideas xa pensadas. Por isso me resulta tan difícil de definir o meu pensamento cando se me pide precisión e coherencia. O mudar coa razóm según un vai adquirindo novos conhecementos e descartando outras conclusións xa superadas, isso que os homes de cienzas chamamos método ou falseamento. Este proceso pódese considerar positivo en grupos compostos por xente coma nós, máis a experiencia reveloume que sempre é un obstáculo frente a aqueles fundamentalistas que persiguen o dogma facendo da ideología relixión e da razóm un simple deus menor.

A independencia ideal ou ideolóxica no ámbito práctico sempre me permitiu, dentro dos marxes da contradicción, entregarme sen reserva a calquera que propuxera ou vislumbrara un campo de batalla. Máis isto non é novo para ti que compartiches algunhas dessas derrotas agridulces fai tempo.

É conhecida, por ti e por moitos outros, a minha filosofía de vida, en canto todo o que atanhe ao pensamento polo que non vou perder tempo en aclarar ou recalcar a importancia da autocrítica e da renovación, ou se o prefires por empregaren termos cultos e técnicos, da revolución permanente levada ao campo persoal.

A pesar do tempo e do caminho percorrido, dos livros e textos lidos, da experiencia das asambleias, dos debates, dos coloquios, do visto nas casas ocupadas, do compartido con ideoloxías similares e distantes ao mesmo tempo; a facilidade para expresarme e sobre todo para defender o meu pensar sen fisuras e contradiccións asim como evitar as trampas dialécticas segue a ser unha asignatura pendente desta carreira que é a vida. Algúns días sintome impotente ante a imposibilidade de describir con palabras as ideas e funcionamientos que na minha imaxinación parecen funcionar…

Con cada derrota, e creo que non ganhei nunca ao contrario do que pensan algúns dos que combateron ao nosso lado; pois non descarto pecar de pesimista neste punto, máis vencido me sinto. Dende pequeno identificado cos perdedores, colectivo do cal nunca saín e dudo que algún día abandone. Non acabo de explicarme como esse neno heroico e apasionado da estrategia e da guerra, que fun e sigo sendo, podía identificarse cós perdedores; non creo que fosse o normal máis asim aconteceu.

Desta maneira con cada derrota fun perdendo impulso, desenganándome, mudando os gustos, sentimentos, proxectos e ilusións. Volvendo unhas veces con moita forza pero ao fin e o cabo perdendo unha e outra vez. Estes cambios supuxeron e aínda suponhen unha pérdida de esforzo e tempo, pois seguía a bucar algo que seguramente non exista. Os proxectos derrotados ou avandonados a medias acomúlanse nos estantes do meu sentir.

Có aumento da experiencia as esperanzas de encontrar o que se buscaba íanse perdendo e en consecuencia as ganhas e forzas por seguir a na súa procura esvaecíanse rápidamente.

Deste modo, amargado polas inxustizas que tiven que soportar e aínda soporto e por aquelas que aínda que alleas a minha perssoa, fun testigo e, sobre todo aflixido pola imposibilidade de mudar a realidade en base ao ideal, cheguei a conclusión de que non só desprezo o meu século, o tempo que por sorte me tocou vivir, senon que non creo que neste lugar poda satisfacer as necesidades adquiridas con cada paso do meu lento caminar, satisfacendo deste modo ao meu esprito ou polo menos a esa parte do meu ser que parece ter algo a maiores do que rixen as leis da física e que se escapa ao meu conhecemento.

Por isso, na soidade desta tarde chuviosa e gris de agosto, baixo o son do ondear constante do mar que máis que repouso e sosiego produce en min intranquilidade, pois me recorda o tic-tac dun reloxo eterno e inexorabel; cheguei a conclusión de que a culpa non a de estar toda na minha perssoa, no meu ser sendo o tempo, regalado, parte do problema. Por isso non rechazaría, polo tanto, unha vida noutro tempo máis… idealista, máis romántico.

Pero unha vez máis, por non variar, volvo a errar. Hoxe e non outro día, a necesidade de abstracción, de voar lexos da realidade que me afoga cada día, deixoume caer nas mans un libro dun autor non só máis culto, preciso e útil para o xénero humano do que eu xamais sonharía poder chegar a ser, senon contemporáneo de tempos heroicos e idealistas; tempos románticos aos meus ollos. Tenho a impresión de que si escribo estas linhas e pola forza das súas palabras e a imposibel, baixo o meu criterio, superposición sentimental e intimista coa súa perssoa e o seu sentir, pois das súas ideas discrepo. El que viviu mellores tempos tamén despreciaba o seu século, os seus contemporáneos e a imprecisión do seu nacemento.

¿Cómo é posible que home tan relevante para a ilustración do nosso xénero, protagonista da historia e do pensamento, sentira o que eu sinto polo meu tempo?

Sigo a procura da desposta nos seus textos. Penso que o problema non está por tanto na realidade senon nos ollos da perssoa crítica. Tanto él coma eu estabamos errados en botarlle a culpa ao mundo que nos tocou vivir, sendo o seu error o que me levou a correcta conclusión, aínda parcial e sesgada pois precisa de máis reflexión pola minha parte.

Outros ciudadans passan polas rúas das cidades e vilas, máis éstas non passan por eles. Como bem me comentabas non é que miren para outro lado é que simplemente non ven, o seu cerebro bloquea a súa visión. Por isso creo que a visión da realidade, por gris e cruel que ésta sexa, é un don. Un don que nos permite empregrar a razóm como arma pero que ten unha malcidición inherente a súa composición. A maldición sen lugar a duda é a frustración do espectador espantado polo que ve, a frustración de aquel que sentado na cadeira quere meterse dentro da película para mudar o seu guión, a frustración da impotencia.

Moitas preguntas chegan sem orden aparente a minha mente nesta praia, máis as respostas non me son dadas. Como bem che dicía, nun principio, ando perdido e sen desalento. Agardo batallas que loitar coma sempre, mais a esperanza de ganhalas non me acompanha. Xa non creo na victoria, a guerra paréceme perdida antes incluso de serem declarada. Son un soldado que defende unha patria que non existe, que leva unha bandeira olvidada e nunca victoriosa nesta a nossa historia.

Só me queda despedirme e agardar que cando volva destes viaxes e alonxamentos aos que estamos obrigados aqueles que por falta de valor ou polo peso das responsabilidades tivemos a desgraza de elixir serem excravos a morrer de fame, sexan, entón, mellores as novas.

Saúde é Liberdade, amigo.
segunda-feira, 11 de janeiro de 2010

Que democracia máis asoballante

"Pero polo menos, algo diso sí que hai". Isto é o que adoito pensar cando reflexiono sobre o tema dos aeroportos de Galicia, e máis concretamente, o aeroporto da Coruña, ou de Alvedro, como nós e case todo o mundo por aquí lle chama. E que é iso que penso que hai? Pois os intereses egoístas e/ou políticos perversos das urbes galegas; neste caso, obvio, falo da cidade da Coruña.

Dáme moita mágoa pensar que, en poucos anos, non hei voltar ver a moita xente que coñezo porque han ter que deixar as súas casas, fogares da súa familia dende xeracións atrás; que, as paisaxes que hoxe observo como unha postal de viaxe, xa non volverán existir xamais; que, esta voracidade por construír non ten fin, e que hoxe e "só 400 metros" (coma onte foi "só a fin do monte Costa de Culleredo"), mañá pode ser a fin do val que é dono da historia da miña familia e das familias dos meus amigos (porque nós non somos donos das terras, senón que pertencemos a elas)...

E dáme mágoa pensar que se silencie deste xeito a quen mal non fixo nunca e foi "fiel" a quen agora os bota da súa propia vida coma cans adoecidos. E dáme rabia, moita rabia, pensar que van facer todo iso, engadido aos cartos de todos nós (non só os meus e os dos meus veciños, senón de todos vós), para unha super obra, sen unha soa garantía de rendibilidade, e co AVE ás portas da nosa terra, que só servirá como autoafirmación de catro señores que viven (ou viviron) na cidade, e queren gobernarnos, sen ter pasado da Pasaxe case nunca, e sen ser conscientes do que hai á outra beira.

E síntome moi pequena. Pero sei que, aínda que sexamos poucos, a nosa causa é xusta. E creo firmemente que con traballo e vontade, todas as causas xustas levan o premio que arelan.


Visualizar o mapa ampliado
sábado, 9 de janeiro de 2010

A felicidade

Has de saber que cando menos buscas algo, máis doado será de atopar. Así é a vida, así de sinxela. Iso pasa cos traballos, cos amores, coas oportunidades, cos soños, cos obxectivos!! Pasa con tantas cousas que ás veces a un dalle medo crer neste tipo de máximas. Pero, cando menos o esperas... ZAS! Efectivamente, volve pasar.

A min pásame a cotío, e máis estando fora da Galiza. Atopar un galego é unha sensación de sorpresa (cada vez sorpréndome menos, iso sí), pero ver que está disposto a colaborar contigo en mil e un proxectos... Non pasa sempre. As sorpresas son froito das decepcións. Cando algo te frustra, algo non te acaba de encher e, de súpeto, a situación colle un cariz diferente, chega a felicidade.

Por iso eu digo; aínda che van ser máis felices os emigrantes galegos que os galegos da Galiza. Bueno, non o creo. Pero polo menos, algo diso sí que hai.
domingo, 21 de setembro de 2008

Porque somos persoas

E abofé que cando deixes as desculpas haberá alguén agardando pola súa oportunidade contigo. Seguramente porque as desculpas non son propias de persoas seguras de si mesmas, e ese tipo de persoas non son o prototipo de éxito. Deixa de penar e vive. As obsesións non son boas para ninguén.

E non esquenzas que a perspectiva da idade é moi importante: non ves as cousas igual hoxe que mañá, ou de aquí a un anaco sequera. O tempo é un señor, e nós non somos máis ca os seus escravos.

Non podes afogar nun vasiño de auga cando sei que es capaz de nadar no océano. A túa vida será o que ti queiras facer dela. Agora é o momento de aprender. Algún día agradecerás ter pasado estas penas no teu corazón, porque serán parte de ti e engrandecerante como persoa.

Así que hoxe, sal, mira ao ceo, respira fondo e olvida todo o que hoxe che magoa. Eres puro amor e a vida darache o mesmo, como un crevacabezas. Has de saber que cando menos buscas algo, máis doado será de atopar.

sexta-feira, 19 de setembro de 2008

porta aberta

E algúns seguen a chamarlle problemas domésticos... Malditos cínicos. Non se decatan de o problema non é da súa casa, nin sequera da súa parella, é deles.

Pretenden facernos crer que vivir cun home ou unha muller é unha pesada carga á que non poden renunciar. Cando foi unha escolla libre que un día fixeron e non deixan por comodidade, preguiza ou medo.

Disque neste momento, unha parella acaba de se divorciar e só pasarán catro minutos antes de que o faga outra. E ainda queres que pensemos que ti non podes coller a porta e marchar sen mirar atrás? Que só empregas iso coma unha desculpa, cando o que pasa é que és un cobarde? Deberías saber que tan libre é o que escolle quedar coma o que escolle marchar.

Parella, fillos, familia, non busques desculpas se non sabes desfrutar de quen és, sae á rua e berra:

-á vosa disposición. facede comigo o que queirades!

E abofé que cando deixes as desculpas haberá alguén agardando pola súa oportunidade contigo.

sexta-feira, 5 de setembro de 2008

Malditos cínicos.

Que afortunados fomos por telo máis de vinte anos amargándonos a existencia...

Afortunados por ter soportado todas as súas teimas, as súas lerias. Afortunados por ter sobrevivido ás súas conspiracións de bar.

Afortunados por ter resistido ao totalitarismo da súa mediocridade.

É a hora de celebrar o fin dunha era. O intre no que festexar que gostamos de vivir se cadra un cacho máis libres ao desprendernos da súa compaña.

Disque a regra sentencia que todos somos bos de mortos. El se cadra é a excepción da norma.

O primeiro que me preguntei tras ler a noticia no xornal, é como ela foi quen de aturalo tanto tempo. ¿Como se pode perdoar a primeira labazada, como se pode esquecer forzadamente a primeira humillación?

Só me podo imaxinar que fronte a unha dor insoportábel un poida tirar man dunha venda que poñerse sobre os ollos...

Pero... e ese cruel e cómplice silencio? Porque os seus veciños nunca denunciaron o alboroto que provocaban as sanguentas malleiras ás que sometía á súa dona? Porque os profesores tragaron coa leria de que as mancaduras dos cativos eran froito de pequenos accidentes domésticos? Porque os seus compañeiros de traballo fixemos a vista gorda cando tiñamos en fronte un cabrón de tal magnitude?

Non fun ao seu enterro, pese a ter compartido mesa na oficina durante 20 anos. Non fun, porque seica cuspir está prohibido en campo santo, o mesmo que recibe cos brazos abertos aos asasinos metidos a suicidas.

El acoitelouna até o coma profundo por celos infundados. O prognóstico reservado é a incerteza que apuñala hoxe os nosos estómagos. Ogallá sobreviva, esa será a vinganza da humanidade.

Logo estivo a procura dos nenos, que por sorte déronse agochado no faiado. E covardemente rematou quitándose a vida nunha improvisada e chapuceira forca no medio da cociña. Os que viron a escena contan que semellaba un cocho colgado no día da matanza.

E algúns seguen a chamarlle problemas domésticos... Malditos cínicos.


*Nota do autor: este microrelato é unha ficción cecais demasiado real...
quinta-feira, 19 de junho de 2008

Eurocristifraga

Vaia cousa, iso é o que penso eu que é a Eurocopa, unha cousa moi molesta e incómoda que só serve para amargarnos, por non dicir outra cousas, a parrilla de televisión. Os telexornais non falan doutra cousa, as portadas dos xornais están colapsadas, todo o mundo fala do mesmo... menudo coñazo! Aínda por riba, como á selección española vaille relativamente ben, todo o mundo vai e ilusiónase, como se fose tanta cousa que eses tíos estén en cuartos, en fin, que se lle vai facer. A ver se perden dunha vez e a xente recupera un pouco a cordura que boa falla fai. Outro tema que trae tolos ós periodistas e á sociedade en xeral, é a fichaxe de Cristiano Ronaldo, sí o portugués este tan famoso que últimamente temos ata na sopa, o mesmo que quere fichar o Madrid, que o Manchester non quere vender e que el mesmo non sei que quere, porque non se decide nin de coña. Disque vale noventa millóns, eu dende logo non os pago por el nin por ninguén, bueno, por alguén si, polo señor Fraga Iribarne que co activo que anda ultimamente ben os vale, mañá por exemplo, ten unha intervención no cogreso popular, haberá que ver que paridas di, eu dende logo espero a súa intervención con moito entusiasmo, esta noite case non durmín pensando en que mañá o ía ver tatexando catro gilipolleces, que iso sí, causarán sensación. Ese home si que vale os noventa millóns e non Crisitiano Ronaldo. Que afortunados fomos por telo máis de vinte anos amargándonos a existencia.