Mostrar mensagens com a etiqueta comunismo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta comunismo. Mostrar todas as mensagens
quarta-feira, 25 de abril de 2007

Igualdade, por favor

Como a comida basura, tragámonos moitas patrañas e mentiras. A comida basura é a que se fabrica en grandes cantidades, en serie, se fan con elementos prefabricados para que os traguemos e enchan ese baleiro que hai no noso estómago. Pero non alimenta, polo que mentres esteamos co bandullo enchido non tereimos queixa e non nos daremos de conta do que nos falta.

Como inútiles, hai xente que se traga a doutrina liberalista. A explicarei brevemente para quen non a coñeza. O liberalismo naceu no feudalismo onde había que pagarlle impostos aos señores e o diezmo á igrexa quen poñía o prezo ao que compraba. O liberalismo viña dicir que se ti facías algo, iso era teu, e podías vendelo no mercado, un lugar onde segundo se precisase máis ou menos, se acabaría equilibrando dando a todos aquilo que merecen.

O lema orixinal da revolución francesa foi "Libertè, equalitè e propietè". Pero os burgueses e nobres que alentaran a revolta non lles gustaba iso de perder as súas pertenzas por iso o cambiaron. Esa mesma propietè eliminada foi a que dispuxo o liberalismo unha imposibilidade da equidade. Quen ten cartos pode invertir, quen non, non. Coñezo a xente coa suficiente iniciativa para ser rico, pero non cos suficientes cartos.

No liberalismo prémianse as trampas, o dumping, as patentes, o poder do que máis ten, quen invirte, e quen xa non precisa de inventir. Hai xente que vive do que invirten os seus contratados sen ter que mover un ápice. Esta xente non traballa, pero non carece de cartos, isto é a xustiza para os liberalistas.

E nos atopamos coa realidade. Prémiase a iniciativa porque só uns poucos, os que xa son ricos, poden levala a cabo de forma efectiva. E esta iniciativa é que os traballadores que levantan a empresa sexan cada vez máis pobres. Iniciativas de deslocalización, de levar as empresas onde os traballadores cobran menos. Inciativas de explotar a nenos. Iniciativas de non dar un soldo xusto. Iniciativas de non dar nin dereitos, nin prevención, nin tempo aos seus traballadores.

No programa do partido comunista, que despois se chamou manifesto comunista, dicíase de quitar a herdanza, abolir que fillos de ricos fosen ricos. Agora hai moitos que temos herdanza que conservar, máis esto foi nun momento concreto para unha masa de obreiros que non tiñan herdanza que darlle aos seus fillos, e fillos que tiñan a herdanza da explotación dos obreiros de seu pai. Agora os tempos cambiaron, e cambiou tamén a esquerda, máis isto non interesa dicilo.

Agora a esquerda pide un pagamento xusto. Isto significa non só igualdade, senón xustiza. Cada un debe ter o froito do seu traballo, polo que quen non traballa non debería cobrar. Deste xeito, ningún home sería rico, porque ningún home faría tanto traballo como para vivir de excesos. Sexamos claros, os ricos viven do traballo dos demais, só así un home pode ser rico, e iso na miña terra chámase roubar.

Os liberalistas afirman que eliminando todas as intervencións do estado chegarase a un equilibrio. Que a pobreza é o estado natural do home, e que só a evolución a través do mercado solucionará isto. Pois ben, despois de tanto tempo nun virtual liberalismo chamado globalización os ricos son máis ricos, e os pobres máis pobres. E moita xente morre non porque non traballe, senón porque traballa de máis.

Os liberalistas afirman que só eles traen o desenvolvemento. Ben, o desenvolvemento de cremas adelgazantes foi bestial, pero a produción de vacinas e curas para enfermidades está paralizada porque quen as sufre, a meirande parte da poboación mundial, non pode pagala. Isto é desenvolvemento para un liberalista. E vemos como son as mesmas multinacionais, estandarte do liberalismo, como aplastan calquera iniciativa que busque cambiar isto.

Precísanse tres planetas para levar o ritmo de vida dese 20% que posúe o 80% dos recursos. Porque os liberalistas non saben que os recursos son limitados. Pódoche dar os datos que queiras, pero sempre dirán que non vives nun mundo onde o rato perez folla coa abella maya e os pobres terán internet cando agora non teñen nin auga nin comida (cousa que antes deste marabilloso capitalismo non ocorría).

Igualdade? Dame igual. Confórmome con que os ricos non rouben. O rico, ou ladrón, ou fillo de ladrón.