Has de saber que cando menos buscas algo, máis doado será de atopar. Así é a vida, así de sinxela. Iso pasa cos traballos, cos amores, coas oportunidades, cos soños, cos obxectivos!! Pasa con tantas cousas que ás veces a un dalle medo crer neste tipo de máximas. Pero, cando menos o esperas... ZAS! Efectivamente, volve pasar.
A min pásame a cotío, e máis estando fora da Galiza. Atopar un galego é unha sensación de sorpresa (cada vez sorpréndome menos, iso sí), pero ver que está disposto a colaborar contigo en mil e un proxectos... Non pasa sempre. As sorpresas son froito das decepcións. Cando algo te frustra, algo non te acaba de encher e, de súpeto, a situación colle un cariz diferente, chega a felicidade.
Por iso eu digo; aínda che van ser máis felices os emigrantes galegos que os galegos da Galiza. Bueno, non o creo. Pero polo menos, algo diso sí que hai.
Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza. Mostrar todas as mensagens
sábado, 16 de junho de 2007
EL
Feito por
Silvio Falcón
à(s)
6/16/2007 05:50:00 p.m.
Etiquetas:
Él,
Emigración,
Galiza,
Silvio Falcón

O único que sabemos é que vive moito mellor. Sen dúbida, mellorara a súa vida material. El, que tivera que deixar atrás a tódolos seus e que, olvidándose forzosamente de todo o que lle era intrínsecamente seu, collera un tren pra sobrevivir alén das fronteiras da súa terra, non era feliz co que tiña.
Cecais, neses intres, cobraba sentido a afirmación de que a felicidade sempre se quere pero nunca se ten, pronunciada por un deses sabios que, se cadra, foran máis felices ca el. O sentimento de frustración persoal do emigrante, vai máis alá do amor que se vexa reflexado nuns centos ou miles de kilómetros. Ese sentimento que, minándoo pouco a pouco, o converte nunha nova persoa e, case sen decatarse, fai que non se sinta "nin de aquí nin de alí". Iso conleva unha forte eliminación das opcións persoais, e tamén das identificacións cos colectivos.
El síntese dobremente estrano. Primeiro, na terra de acollida, diferente por natureza pero, a fin de contas, a nai da súa estabilidade material. Mais ese anceio de volta, esa morriña inquebrantábel vese frustada unha e outra vez pola falta de identificación coa realidade cotiá da terra que te viu marchar, que eternamente él identificará como propia (malia que ningún documento oficial así o diga.)
Isto último débese á idealización do pasado e a identificación das experiencias persoais cun ente global que, como colectivo, é definido por algúns como nación, por outros como nacionalidade hestórica e por outros como rexión. E, a propia identificación de experiencia persoal e colectiva é o principal problema que el ten que afrontar.
Lonxe, coma el, atopa moitos semellanes. Mais ben poucos conservan a esperanza. A maioría, ven o pasado como os tempos mozos, os outros, ven a terra como o seu particular lugar de reposo após a vida de traballador. ¿Galiza non serve pra traballar?- pregúntase el. E, según moitos, aquela terra que el quere e defende en calquer contexto, non é máis que a nai de moitos cobardes, que ben podían ser os rumorosos que xa non "din", mais si que "fan". A clave, entón, ¿sería que dixeran? Non.
O emigrante medio, non fará, pero tampouco dirá. O galego, por definición ambiguo, lonxe da terra, nese clima de confusión que tamén o inclúe a el, difumínase moralmente até as súas últimas consecuencias. !Implicación! !Qué medo!
E el pechou a bitácora, mentres reflexionaba, non sen humor, sobre os puntos identificativos entre a terra de acollida e a terra nai. !O galego emigrante tamén dependía dun cacique! !Benditos centros galegos, feitos a "imaxe e semellanza" das Deputacións!
E non hai que dicir que, como non, El tamén son eu.
Non son un bicho raro, simplemente penso...
peso na Galiza ceibe..., en ver ao noso país sen chapapote nas praias e sen lume nos montes...
penso na Galiza socialista sen inxustizas e sen pobreza...
penso nunha unión internacional; mundial, de pobos e persoas ceibes...
penso que o amor ao mundo, o amor á vida é posíbel...
porque penso que un euro non vale máis que o traballo que lle custou ao obreiro facelo na fábrica...
porque penso que o mundo é de todos e non caibe a propiedade privada na natureza...
porque penso estou tolo ou son un becho raro, é o mellor argumento para seguir non-pensando.
Se tolo é o que pensa, está o manicomio cheo de tolos...
peso na Galiza ceibe..., en ver ao noso país sen chapapote nas praias e sen lume nos montes...
penso na Galiza socialista sen inxustizas e sen pobreza...
penso nunha unión internacional; mundial, de pobos e persoas ceibes...
penso que o amor ao mundo, o amor á vida é posíbel...
porque penso que un euro non vale máis que o traballo que lle custou ao obreiro facelo na fábrica...
porque penso que o mundo é de todos e non caibe a propiedade privada na natureza...
porque penso estou tolo ou son un becho raro, é o mellor argumento para seguir non-pensando.
Se tolo é o que pensa, está o manicomio cheo de tolos...
Subscrever:
Mensagens (Atom)