Mostrar mensagens com a etiqueta política. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta política. Mostrar todas as mensagens
terça-feira, 12 de janeiro de 2010

Carta a un irmäo

Escrevo estas linhas non tanto para darche a conhecer os detalles e matices que suponho xa conheces, senon, polo puro pracer literario e filosófico que un texto coma éste pode producirme no ámbito da reflexión interior e na experimentación literaria. Pretendo, con todo isto, botar unha ollada intimista sobre o meu propio ser, sobre as minhas propias circunstancias particulares, sexan estas únicas ou compartidas por outros. Pois, preciso da reflexión para recuperar o alento.

Por onde comezar, difícil decisión... O primeiro que debo dicir non é outra cousa que solicitar a clemencia da túa pluma, sexa ésta real ou dixital, posto que xa sabes de antemán que os dogmas non son o meu: e que, polo tanto, costame en exceso aprender e facer parte do meu conhecemento tódalas normas ortográficas e gramaticales que por falta de cultura ao respeito non logro comprender nin razoar. Dando coma resultado que a minha forma particular de empregrar esta nossa lingua poda resultar particularmente caótica e imprecisa, incorrecta se o prefires mais, livre e inocente.

De neno, antes de que nos conhecéramos era máis activo, ou polo menos isso creo agora. Mantinha o meu carácter único dunha forma idéntica a actual mais distinta; é difícil de argumentar... Sigo a ser o mesmo neno máis dunha forma diferente. Se cadra foi a minha intelixencia; ou eso din, pois eu non creo que en min esa cualidade tanxible para os que se din expertos na materia sexa tan abundante, pois, non fago máis que cometer erros.

Dita suposta intelixencia que conseguiu superar o carácter contemplativo e descansado, do que fago costume e tradición, logrou dunha forma lenta, pausada pero constante, que me lanzara a un mundo imaxinario, o mundo das ideas e das letras que as expresan, o mundo literario que ti tamén conheces bem.

Cando a mayoría dos meus contemporáneos aínda corría, inocentemente, detrás ou diante, según se mire, dunha pelota, eu, prefería a soedade e o silencio do lector furtivo e tímido, do sonhador esperto do neno ilusionado e aventureiro. Foi nesse momento, se cadra, pasados os anos de correr e xogar polos montes cando empezaba a ver o mundo cós ollos do crítico, cós ollos do poeta. As ideas surxían no meu interior e as conclusións chegaban con cada ollada.

Abriren os ollos produxo en min a surxida dun gusto heroico e romanticón que non deixou de medrar ata fai pouco tempo. Foi tempo de aprender, de escoitar e calar, de ver e reispetar. Foron tempos de presenciar os debates e as opiniones dos demáis xerando deste modo unha opinión propia dende a sombra, dende o silencio da inocencia e o medo a opinar fronte a xente naquel momento fora do meu alcance.

Aínda que sempre fun autodidacta no ideario e sendo pouco modesto, neste caso, a minha opinión rara vez partiu dun texto ou autor senon que istes, leídos a posteriori foron empregados como argumentación ou ampliación de conclusións e ideas xa pensadas. Por isso me resulta tan difícil de definir o meu pensamento cando se me pide precisión e coherencia. O mudar coa razóm según un vai adquirindo novos conhecementos e descartando outras conclusións xa superadas, isso que os homes de cienzas chamamos método ou falseamento. Este proceso pódese considerar positivo en grupos compostos por xente coma nós, máis a experiencia reveloume que sempre é un obstáculo frente a aqueles fundamentalistas que persiguen o dogma facendo da ideología relixión e da razóm un simple deus menor.

A independencia ideal ou ideolóxica no ámbito práctico sempre me permitiu, dentro dos marxes da contradicción, entregarme sen reserva a calquera que propuxera ou vislumbrara un campo de batalla. Máis isto non é novo para ti que compartiches algunhas dessas derrotas agridulces fai tempo.

É conhecida, por ti e por moitos outros, a minha filosofía de vida, en canto todo o que atanhe ao pensamento polo que non vou perder tempo en aclarar ou recalcar a importancia da autocrítica e da renovación, ou se o prefires por empregaren termos cultos e técnicos, da revolución permanente levada ao campo persoal.

A pesar do tempo e do caminho percorrido, dos livros e textos lidos, da experiencia das asambleias, dos debates, dos coloquios, do visto nas casas ocupadas, do compartido con ideoloxías similares e distantes ao mesmo tempo; a facilidade para expresarme e sobre todo para defender o meu pensar sen fisuras e contradiccións asim como evitar as trampas dialécticas segue a ser unha asignatura pendente desta carreira que é a vida. Algúns días sintome impotente ante a imposibilidade de describir con palabras as ideas e funcionamientos que na minha imaxinación parecen funcionar…

Con cada derrota, e creo que non ganhei nunca ao contrario do que pensan algúns dos que combateron ao nosso lado; pois non descarto pecar de pesimista neste punto, máis vencido me sinto. Dende pequeno identificado cos perdedores, colectivo do cal nunca saín e dudo que algún día abandone. Non acabo de explicarme como esse neno heroico e apasionado da estrategia e da guerra, que fun e sigo sendo, podía identificarse cós perdedores; non creo que fosse o normal máis asim aconteceu.

Desta maneira con cada derrota fun perdendo impulso, desenganándome, mudando os gustos, sentimentos, proxectos e ilusións. Volvendo unhas veces con moita forza pero ao fin e o cabo perdendo unha e outra vez. Estes cambios supuxeron e aínda suponhen unha pérdida de esforzo e tempo, pois seguía a bucar algo que seguramente non exista. Os proxectos derrotados ou avandonados a medias acomúlanse nos estantes do meu sentir.

Có aumento da experiencia as esperanzas de encontrar o que se buscaba íanse perdendo e en consecuencia as ganhas e forzas por seguir a na súa procura esvaecíanse rápidamente.

Deste modo, amargado polas inxustizas que tiven que soportar e aínda soporto e por aquelas que aínda que alleas a minha perssoa, fun testigo e, sobre todo aflixido pola imposibilidade de mudar a realidade en base ao ideal, cheguei a conclusión de que non só desprezo o meu século, o tempo que por sorte me tocou vivir, senon que non creo que neste lugar poda satisfacer as necesidades adquiridas con cada paso do meu lento caminar, satisfacendo deste modo ao meu esprito ou polo menos a esa parte do meu ser que parece ter algo a maiores do que rixen as leis da física e que se escapa ao meu conhecemento.

Por isso, na soidade desta tarde chuviosa e gris de agosto, baixo o son do ondear constante do mar que máis que repouso e sosiego produce en min intranquilidade, pois me recorda o tic-tac dun reloxo eterno e inexorabel; cheguei a conclusión de que a culpa non a de estar toda na minha perssoa, no meu ser sendo o tempo, regalado, parte do problema. Por isso non rechazaría, polo tanto, unha vida noutro tempo máis… idealista, máis romántico.

Pero unha vez máis, por non variar, volvo a errar. Hoxe e non outro día, a necesidade de abstracción, de voar lexos da realidade que me afoga cada día, deixoume caer nas mans un libro dun autor non só máis culto, preciso e útil para o xénero humano do que eu xamais sonharía poder chegar a ser, senon contemporáneo de tempos heroicos e idealistas; tempos románticos aos meus ollos. Tenho a impresión de que si escribo estas linhas e pola forza das súas palabras e a imposibel, baixo o meu criterio, superposición sentimental e intimista coa súa perssoa e o seu sentir, pois das súas ideas discrepo. El que viviu mellores tempos tamén despreciaba o seu século, os seus contemporáneos e a imprecisión do seu nacemento.

¿Cómo é posible que home tan relevante para a ilustración do nosso xénero, protagonista da historia e do pensamento, sentira o que eu sinto polo meu tempo?

Sigo a procura da desposta nos seus textos. Penso que o problema non está por tanto na realidade senon nos ollos da perssoa crítica. Tanto él coma eu estabamos errados en botarlle a culpa ao mundo que nos tocou vivir, sendo o seu error o que me levou a correcta conclusión, aínda parcial e sesgada pois precisa de máis reflexión pola minha parte.

Outros ciudadans passan polas rúas das cidades e vilas, máis éstas non passan por eles. Como bem me comentabas non é que miren para outro lado é que simplemente non ven, o seu cerebro bloquea a súa visión. Por isso creo que a visión da realidade, por gris e cruel que ésta sexa, é un don. Un don que nos permite empregrar a razóm como arma pero que ten unha malcidición inherente a súa composición. A maldición sen lugar a duda é a frustración do espectador espantado polo que ve, a frustración de aquel que sentado na cadeira quere meterse dentro da película para mudar o seu guión, a frustración da impotencia.

Moitas preguntas chegan sem orden aparente a minha mente nesta praia, máis as respostas non me son dadas. Como bem che dicía, nun principio, ando perdido e sen desalento. Agardo batallas que loitar coma sempre, mais a esperanza de ganhalas non me acompanha. Xa non creo na victoria, a guerra paréceme perdida antes incluso de serem declarada. Son un soldado que defende unha patria que non existe, que leva unha bandeira olvidada e nunca victoriosa nesta a nossa historia.

Só me queda despedirme e agardar que cando volva destes viaxes e alonxamentos aos que estamos obrigados aqueles que por falta de valor ou polo peso das responsabilidades tivemos a desgraza de elixir serem excravos a morrer de fame, sexan, entón, mellores as novas.

Saúde é Liberdade, amigo.
segunda-feira, 11 de janeiro de 2010

Que democracia máis asoballante

"Pero polo menos, algo diso sí que hai". Isto é o que adoito pensar cando reflexiono sobre o tema dos aeroportos de Galicia, e máis concretamente, o aeroporto da Coruña, ou de Alvedro, como nós e case todo o mundo por aquí lle chama. E que é iso que penso que hai? Pois os intereses egoístas e/ou políticos perversos das urbes galegas; neste caso, obvio, falo da cidade da Coruña.

Dáme moita mágoa pensar que, en poucos anos, non hei voltar ver a moita xente que coñezo porque han ter que deixar as súas casas, fogares da súa familia dende xeracións atrás; que, as paisaxes que hoxe observo como unha postal de viaxe, xa non volverán existir xamais; que, esta voracidade por construír non ten fin, e que hoxe e "só 400 metros" (coma onte foi "só a fin do monte Costa de Culleredo"), mañá pode ser a fin do val que é dono da historia da miña familia e das familias dos meus amigos (porque nós non somos donos das terras, senón que pertencemos a elas)...

E dáme mágoa pensar que se silencie deste xeito a quen mal non fixo nunca e foi "fiel" a quen agora os bota da súa propia vida coma cans adoecidos. E dáme rabia, moita rabia, pensar que van facer todo iso, engadido aos cartos de todos nós (non só os meus e os dos meus veciños, senón de todos vós), para unha super obra, sen unha soa garantía de rendibilidade, e co AVE ás portas da nosa terra, que só servirá como autoafirmación de catro señores que viven (ou viviron) na cidade, e queren gobernarnos, sen ter pasado da Pasaxe case nunca, e sen ser conscientes do que hai á outra beira.

E síntome moi pequena. Pero sei que, aínda que sexamos poucos, a nosa causa é xusta. E creo firmemente que con traballo e vontade, todas as causas xustas levan o premio que arelan.


Visualizar o mapa ampliado
segunda-feira, 1 de outubro de 2007

O noso voto feminino


Por iso, toda a labor desta xente é digna de mencionar. Por iso mesmo, porque é importante e moitas veces descoñecemos certos datos que cómpre que saian á luz de cando en vez. Fronte ós prexuízos, a verdade debe sair a flote. E se estamos a falar da muller, falemos de como acadou os seus dereitos políticos a muller galega.

A pesar dos vagos intentos durante a Restauración de darlles dereitos políticos ás mulleres, non sería ata a ditadura de Primo de Rivera cando os comezasen a acadar. En 1924, o chamado Estatuto Municipal concedía o dereito a sufraxio das mulleres independentes maiores de 23 anos. Paradóxicamente a Ditadura situaba a Hespaña nun dos paises máis igualitarios en dereitos políticos. A cousa seguíu medrando e para un deses plebiscitos de "adhesión" que tanto lles gusta ós totalitarios, permitiuse o voto ós españois maiores de 18 anos de ambos sexos (1927). Así pois derríbase o mito do voto da muller concedido na República.

Pero non serei eu quen lle quite méritos á plena igualdade política entre homes e mulleres, que de feito acádase na República para votar en referendos, eleccións municipais e eleccións xerais.

As Cortes Constituínetes de 1931 tiñan o anteproxecto de No podrán ser fundamento de privilegio jurídico: el nacimiento, la clase social, la riqueza, las ideas políticas y las creencias religiosas. Se reconoce en principio la igualdad de derechos de los dos sexos. E como é ben sabido, Clara Campoamor, deputada radical (dereita republicana), nunha das máis memorables sesións do prlamentarismo español, logrou que se modificase a redacción da Constitución para que quedara: No podrán ser fundamento de privilegio jurídico: la naturaleza, la filiación, el sexo, la clase social, la riqueza, las ideas políticas, ni las creencias religiosas. El Estado no reconoce distinciones o títulos nobiliarios. A súa contrincante no debate era outra muller, Victoria Kent (Izquierda Republicana), que temía que o voto feminino servira para beneficiar eletoralmente ós conservadores. Segundo a Kent, ela non dudaba "da capacidade da muller", senón que se preocupaba "da oportunidade da República". Cando por fin se aprobou o ufraxio feminino nas Cortes Repubñicanas, Indalecio Prieto, do PSOE e comunista a máis non poder, declarou "esta es una puñalada trapera para la República". Como tantos outros republicanos daquel entón, quería que a xente votase en liberdade... sempre que lles votase ós seus.

Lástima que a Constitución da República de 1931 non recollera a plena igualdade como cacarean hoxe os progres: o presidente da República só podía ser un varón de máis de 40 anos. Mecachis.

Pero por fin, para as eleccións de 1933, homes e mulleres votaron por primeira vez en pé de igualdade. Cousa que se repetiría en 1936. Sendo esas as dúas veces que as mulleres votaron no conxunto do país durante a República. Tantas veces como na Ditadura precedente.
terça-feira, 29 de maio de 2007

Entre a apatía e a envexa cainita

Eu tamén avogo pola democracia. Aínda que tampouco creo que sexa de recibo agardar dos políticos que sexan "mellores" que a sociedade da que son froito.
Cando miro ao meu redor vexo unha sociedade cada vez menos participativa e máis protestona. Nada está ben mais eu non estou dispost@ a facer nada para mellorar as cousas, e aínda a cousa vai máis aló, amólame moito que outros (sobre todo se son coñecidos persoais) teñan éxitos políticos, porque claro, iso da envexa cainita doe moito. E ao final perdemos a perspectiva e acabamos por asasinar ao irmán porque só podemos aturar del que sexa un apático mediocre coma nós.
sexta-feira, 25 de maio de 2007

Éncheselles a boca

Así nos vai logo. Temo-lo país que nos merecemos. O próximo domingo, novas eleccións en Galiza. Gañarán o PSOE e o PP. Seguro. Estamos fartos de escoitar durante a campaña tanto aos dirixentes de aquí como aos paracadistas madrileños falar de inversións, do AVE, de quen fará o mellor para cada vila, pobo ou cidade. É normal, vailles niso o soldo. Ben, son políticos. Agora, realmente cren no que están a dicir? Teño que dicir que, alo menos, non todos o cren da mesma maneira.

Non coñezo unha definición para a dereita máis axeitada que puro interese. A dereita non é pois unha ideoloxía, senón puramente necesidade de procrearse na poltrona. É unha especie de retroalimentación. Bo exemplo é a monarquía de Antas de Ulla. Morre o alcalde do PP, sucédeo o fillo do PP. Iso si, tras renuncia de media agrupación local que ía antes ca el nas listas. Hai que dicir, de todos xeitos, que no rural as cirscunstancias son distintas. Estamos no bo camiño, pero indubidabelmente o caciquismo segue a existir. É unha rutina demasiado longa e ancorada no tempo para rachala tan de súpeto. E tamén o voto á persoa (por cercanía) máis que ao partido ou ás ideas.

Pero, e nas cidades, é todo o anterior unha excusa? Non. As cidades son o mellor refrexo da sociedade lacazá e paspana na que vivimos. Vótase a figura, o puro e duro populismo. O mellor expoñente, Orozco. Tras un goberno case ao 50% co BNG saca nas seguintes a maioría absoluta. Eran tódolos méritos del? Nin moito menos. Non gañaron as ideas políticas, nin sequera a xestión (nese caso non tería baixado tanto unha parte do goberno): gañou unha figura.

E digo máis. A diferenza PP-PSOE nas cidades está diluída totalmente. Evidentemente hai que ir caso a caso, pero os exemplos falan por si sos. Bastou con oír aos señores Irisarri, Losada ou Caballero non dicir nin ren en galego durante a campaña. Ou ao alcalde de Lugo coas súas afortunadas declaracións sobre as galescolas, o galego e o inglés. Resultamente especialmente sangrante o caso ferrolán. Tódalas enquisas dan unha baixada forte do BNG e unha subida espectacular do PSOE. Eles son os que van dar o mellor por Ferrol. Eles van reconduci-la cidade. Éncheselles a boca na época de eleccións. Sen querer converter o post nunha perorata bloqueira (evidentemente eu vou votar ao BNG, aínda que so sexa por eliminación), so vos pido que reflexionedes e pensedes a quen realmente lle importa o país polo menos un pouquiño e non só en época electoral. E apórtovos algo para axudarvos. Trátase da discusión no congreso dos deputados sobre a proposta da Xunta sobre a reconversión dos asteleiros en Ferrol. So direi que foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego e rexeitada cos votos de PSOE e IU en Madrid. Dobre moral ou? Este é o momento no que Francisco Rodríguez ía defende-la proposta:



Vergoñante, non si? Pois iso, o domingo lembrade que meter un voto nunha furna non é simple folclore.
quinta-feira, 24 de maio de 2007

Oroso, máis de incoherencia

onde están os bufóns que nos valen? Iso era o que se preguntaba Lúa e, metáfora por medio, é o que me pregunto eu.

Ante a inminente chegada das eleccións municipais deste domingo véxome xa non obrigada, pero si decidida a falar do que acontece no concello onde aínda estou censada. Resulta que temos varias opcións de voto posibles pero observo que so os socialistas siguen conservando líder, antigo membro do CDS, acusado con terxiversación incluída por Feijoo, o antigo candidato polo BNG pásase agora ao Partido Galeguista, no BNG aparecen caras novas ao igual que no PP, no que a candidata afirma que o actual alcalde é "unha veleta política", pero de aí a ser a dicir que a alcaldía de Oroso lle corresponde ao PP por dereito hai un mundo e unha prepotencia enorme. E por fin aparece Terra Galega no escenario político xunto co CDI da man doutro candidato xa coñecido.

E de novo as farolas (estas farolas non, anque ben parecido é o conto).

A min vergoña que me da, anque agardo non ter que pasar tanta coma na anterior xestión do PP con Duro á cabeza. Non sei a quen votar, porque está moi claro que nas municipais case que votas á persoa e non ao partido.



O único bo que nos queda son as troitas.
quarta-feira, 23 de maio de 2007

Tempos estraños

TEMPOS ESTRAÑOS



É que só desexamos ver as cousas como teñen que ser, bonitas. Ese é o gran problema do individuo. Cando planexamos algunha cousa, fartámonos de facer deduccións que, se non fora pola experiencia (como ben di Hume no Tratado da Natureza Humana) non terían razón de ser pola propia razón e lóxica. Por iso, cando eu me propuxen poñerlle a primeira pedra a este proxecto, nunca pensei que vós vos animaríades a escribir sobre tantas cousas diferentes como as que tivemos comentado xa nesta bitácora. Por iso, e por moito máis, o individuo é imprevisíbel.


Temos que ter en conta, tamén, os tempos nos que vivimos. En ELOS participa xente situada, xeográficamente, en puntos moi diversos da xeografía mundial. Xa non caibe dúbida de que Galiza é unha nación global e que, alí onde haia un galego (por obra e graza das tecnoloxías) hai unha comunidade virtual de galegos ao seu carón. Pero tampouco temos que excedernos nas previsións de futuro.

O futuro é inexplicábel a priori. E, ás veces, incluso cando se torna en presente, segue á ser inexplicábel. Polo que, debemos vivir minuto a minuto, dacordo coas nosas conviccións persoais. Coherencia é o que pido nun mundo no que a maioría da xente móvese "porque sí". Isto pasa, cada vez máis, coa participación política. Pero diso xa temos falado largo e tendido noutros lares.

Político en Campaña


Este presente estraño, no que xa nin Eurovisión (aquel concurso da canción que era rancio, aparentemente serio, que sempre gañaban os mesmos) é o que era. !Os paises do Leste! Non pode ser, é incríbel. Pobres franceses e españois... Perderon hexemonía na Europa musical(acompañados das Illas Británicas) e xa se enfadan. !Manda nabizo! Se o sistema inventárono eles. O que sí é incríbel é que gañe Eurovisión cancións coma esta... Isto con algún dictador que eu coñezo non pasaba... (véxase a ironía).






Pois o comentado, que o tempo pasa, e nós, tamén habemos pasar. Por iso, planificar algo é inútil. Vive, sé valente, coherente... e deixa vivir.

quarta-feira, 2 de maio de 2007
Porque hai moitas cousas relativas neste mundo, pero obxectivamente sabemos que o que fan uns está mal, e o que fan outros está ben. O ser humano é subxectivo por natureza. Falando deste tema podo citar iso de que "cada quen fala da feira según lle vai."
Moitos exemplos sirven para falar disto, por exemplo un que persoalmente aféctame directamente: o fútbol. Cando falas de fútbol con alguén cámbianse impresións, si impresións, pero hai veces que escoitas falar a dúas persoas que viron o partido xuntos, e parecera que viron dous partidos completamente distintos. O que gañou vai recurrir a tópicos tales como: fomos superiores, o resultado é xusto, foi un partidazo, etc... namentres o pededor recurrirá a frases como: fallamos moito, non merecíamos perder, eles tuveron moita sorte, ou o máis clásico de todos: botarlle a culpa ao árbitro.

Outro tema recurrente subxectivamente é a política. En política se un alcalde dun partido toma unha decisión esperpéntica, quen ten outra ideoloxía política vaino atacar, pero se un alcalde do partido de esa persoa toma unha decisión moi parecida, pois o detractor do que antes falaba sempre vai buscar calquera forma de defendelo alcalde do seu partido.
Na xustiza, pois tres cuartos do mesmo, e así sucesivamente, quen se sinte afectado pide o maior castigo posible, e se tempo despois comete unha falcatruada igual ca que lle fixeron sempre trata de xustificala e de quitarlle terra ao asunto.

Voltando ao exemplo do fútbol, a meirande parte desta xente é moi forofa do seu clube, con mínimos coñecementos de fútbol e nulos de reglamento. É bastante habitual estar nun bar e escoitar todo un rosario de despropósitos, sobre todo atacando a actuación do árbitro. A xente fala e fala, pero falan sen coñecemnto e sen poñerse no lugar do outro. Dende fora é moi fácil xulgar a alguén, é moi fácil dicir que o dianteiro, o defensa ou o árbitro non valen un peso. Estamos nun país no que por exemplo hai 40 millóns de seleccionadores nacionais.
O que fai máis gracia é o tema arbitral, pois escóitanse frases como vanlle dous, logo é falta; ou está xogando dende o suelo, ten que ser falta; ou a clásica de: e unha entrada por detrás, teno que expulsar. E despois se o árbitro saca moitas tarxetas, por moi ben sacadas que estean xa o tildan de tarxetero. Por certo, quen teña dudas sobre este tipo de cousas que o pregunte, amablemente será contestado.

Señores o ser humano é subxectivo por natureza e non lle hai qué facer, poucos somos os que nos preocupamos de poñernos no lugar do outro, de entender por qué obrou así fulanito, de ver as cousas de forma imparcial, e sobre todo de falar con coñecemento de causa, eu pregúntome ¿por qué a xente fala con absoluto desprezo á verdade e á razón, por qué se fala sen coñecemento real das cousas?
terça-feira, 24 de abril de 2007

AS LIDES POLÍTICAS



NOTA: Cando coincidan dous posts de diferentes persoas xuntaránse as frases da mellor forma posíbel.

Que haxa sorte! Porque política sodes vós, somos nós: a conciencia, a acción, a transformación; tese, antítese, síntese. . Sen dúbida a política é a mellor arma pra actuar nun marco social. Non teño ningún tipo de dúbida xa que é a única que garantiza que un maior volume de traballo, algún día ou outro, será recompensado. Pero, a política, é un arma de dobre fío. O principal problema, creo eu, son sobre quen recan ditas "recompensas".

Dentro dos partidos políticos hai varios perfiles que, desafortunadamente, repítense incansablemente. Está, dun lado, o típico amigo do amigo, que nunca colabora e, cando hai que finalizar un proxecto ou vendé-lo de cara ao público sempre está presente. Deses, a moreas.

Doutro lado están os relacións públicas, xente moi agradábel e que leva o nome da organización ben lonxe, orgullosos do que son. Pero, á hora de sentarse e traballar en cuestións reais, esfúmanse ou só saben seguir os discursos de vellos líderes semicaciquiles, con tal de gañarse tamén o seu respeto.

En terceiro e último lugar, o currante calado, ilusionado e perseverante. Pero non podemos ser todos iguais!
Porque aínda que non nos fagan caso, que nos deixen a gusto... Hai un bo fato de frases feitas coma esta, de lendas urbanas, de consignas repetidas a modo de claim publicitario, que resoan no pensamento común da xente do común arredor da hoxe tan denostada política.

Os políticos non escoitan/rouban/minten/non fan nada/son todos iguais...
A política non serve para nada/só serve para atender os intereses dos poderosos...
Non hai nada que facer/non podemos cambiar/vivimos no mellor dos mundos posíbeis...

É comprensíbel. É certo que o cenario político, no seu conxunto, en todos os ámbetos vitais, desde o barrio até o nível planetario, convida á desesperación e a que o povo arroxemos a toalla. É agotador e decepcionante o espectáculo do politiqueo parlamentarista/institucionalista/mediático e oficial. Da noxo, claro que o dá.

Pero non podemos caer no erro de recoñecermos, de lexitimar, todo ese compendio de farsas, acreditando estas como "política". Non o é. Nen eles políticos. Son a expresión da contra-política, da anti-política, de des-democracia. Son un tentáculo máis do poderoso cefalopodo do sistema que a golpes de cansanzo pretende noquear aos que xa aguantamos os seus anteriores envites de violencia estructural... Saben que somos consicentes, e tentan anularnos, empurrandonos sutilmente cara a asimilación do seu propio discurso

Todas e todos sabemos que o sistema quere sociedades alienadas, con individuos acríticos e desactivados política e socialmente. Saben os gurús neocon, os do pensamento único, os pais da globalización imperialista, que a participación política é o talón de aquiles do sistema. Por iso nos abafan con ese constante bochorno da mediocridade, do discurso valeiro e falso, da estética.

Os que tedes dado ese paso de xigante que é tervos decatado de que as cousas non marchan ben, os que conseguichedes quitarvos as orelleiras e destaparvos os ollos, para ser conscientes de que a realidade que nos ofrecen non é nen por asomo xusta, non cedades agora. Non vos deixedes envelsar polas sombras dos galos na parede, desenmascarade a realidade que se agocha tralo telón das mentiras feitas verdades oficiais. Non perdades a vosa enerxía transformadora, non renunciedes ás vosas arelas revolucionarias, sucumbindo á falsedade orquestada de que as cousas non teñen solución, de que non hai cambio posíbel, e de que ese atallo de demagogos de cartón pedra son a expresión da política.

Política sodes vós, somos nós: a conciencia, a acción, a transformación; tese, antítese, síntese.

Heroes...

Como Deus si xoga aos dados, deixándoo todo ao azar... cecais sexa preciso poñer todo da nosa banda para condicionar as circunstancias ao noso favor.

Ficamos acostumados a escoitar afirmacións taxativas, en tono criminalizador e cun cargado bafo paternalista, arredor da non participación da xente moza.

Din que non participamos, que somos individualistas, que somos insolidarios, que apenas estamos de paso, que deambulamos como un público silencioso arredor dun cenario sobor do que deberíamos estar subidos como protagonistas dos cambios. Minten, pero fano só en parte.

Negar que os índices de participación xuvenil, de implicación cívica, entendida como suma ou mistura das dimensións política, social e persoal, son en moito mellorábeis, sería un absurdo en termos analíticos.

Pero recoñecer a insuficiencia dese nível de participación non debe ser óbice para recoñecermos que esa eiva no cuantitativo fica correxida, cando menos en parte, polo alto nível cualitativo da mocidade auto-organizada. Como se di no mundo das organizacións non lucrativas, a falta de persoas, máis horas. Máis horas de reunións, de preparación de actividades, de desenvolvemento de eventos, de organización, de reflexión e de remangarse pura e duramente para labores de intendencia e loxística.

A mocidade galega sí participa. Participa de entidades culturais, veciñais, ecoloxistas, solidarias e mesmo políticas, estudantís e sindicais. Pero tamén participa a través de grupos non formais, como son os grupos musicais, agrupacións teatrais ou círculos que comparten intereses de seu (grafitti, ciencia ficción, anime...).

Unha boa mostra de que a mocidade se move, participa, se implica e achega o mellor de sí mesma, témolo no foro Mocidade en Rede que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galiza, no que se están a recoller centos de propostas que serán tidas en conta no deseño, ou redeseño, da política xuvenil do noso país.

Din que os heroes son aqueles que fan todo o que lles é posíbel, fronte aos que non o fan.