quinta-feira, 26 de abril de 2007

Non quero ter nada

O rico, ou ladrón, ou fillo de ladrón. E eu ainda diría máis: non pidas a quen pediu, nin sirvas a quen serviu, porque supoño que será parte da natureza humana, pero cando temos (que palabra máis horrible "ter") queremos máis, e canto máis temos menos humanos somos, e máis esquencemos de onde vimos.

Nacemos nús, sen nada máis que un cordón que nos une ás nosas nais. E percorrendo o tempo das nosas vidas imos acadando metas e conseguindo obxectivos, pero tamén imos acadando e conseguindo obxectos materiais (coche, casa, televisión, can, cartos, o ordenador, a bici, moitas veces mesmo pensamos que posuímos persoas: teño un fillo, a miña muller...). Posesión. Odio esa palabra.

Ás veces párome a pensar cómo de diferente sería a miña vida se non tivese o "home cinema" ou o "mp3". Sería eu unha desgraciada? Non sería feliz asi? Pois penso que podería ser non só igual de feliz, senón máis. Só hai que ver que ledo está un neno xogando coa caixa na que viña o super xoguete que lle acabamos de regalar. O neno pasa do xoguete, coa caixa é feliz. Asi deberíamos ser sempre, pero a nenez acaba moi cedo.

Nacemos nús, sen nada, e morremos e desaparecemos, e o que "tiñamos" aqui se queda. Asi que desterremos os verbos "comprar", "ter", "gañar", e comecemos a "vivir". Velaqui a única maneira de olvidarnos para sempre do "tanto tés, tanto vales", se tod@s temos igual, tod@s valemos igual. E pensádeo, ao nacer e ao morrer, tod@s o mesmo temos.

Pero..., está na natureza humana a ambición, a competencia, o consumismo, a envexa? Ou só é algo que nos vén dado polo sistema no que nos movemos?

Pensémolo mentres vemos nos nosos televisores de plasma as noticias sobre a fame no terceiro mundo.

3 ELOS:

Pablo Otero disse...

Posesión, propiedade privada... deberían formar parte dos dereitos humanos... ¡un momento! ¡Xa forman parte!

Un saúdo. :)

Xakobino disse...

O consumismo non está nos dereitos humanos.

O egoísmo tampouco.

A posesión indiscriminada e os cartos polos cartos... tampouco.

A diferenza está en se che ofrecen un millón de euros, un diría si e o outro preguntaría para qué.

Anónimo disse...

penso que, non é que eu seria mais feliz sen todos stes obxetos "superficiais" que nombraches, penso que seria igual de feliz, non mais. O tema é que a min molame pasar unha tarde vendo unha peli nun sofa comodo, o scribendo no meu pc por exemplo. Si penso que prescindo do pc, da peli e do sofa comodo e de moitas cousas mais, que fago? pois por exemplo...voume cos colegas a pasear polo campo e a disfrutar da natureza, wai...e logo? os remordementos polo tercer mundo enton seran menos? Creo que son dous temas diferentes e que non poden meturarse... unha cousa é a posesion, a propiedad privada e o afan por ter, e outra os problemas do tercer mundo.
Sinto, eu non me sinto para nada responsable do que pasa no
tercer mundo. As veces o que se di soa a sermon das doce do domingo e .. e falando do clero, casi que poderiamos empezar repartindo no tercer mundo as propiedades do vaticano.
saudos...