O único bo que nos quedan son as troitas. Porque o que é en Coruña, a miña cidade natal e de residencia, os postos de traballo, as condicións salariais, a vivenda, os atascos, a seguridade vial, as zonas de marcha, as zonas verdes, as instalacións deportivas, a inversión en cultura, os orzamentos para a renovación das estradas, o acceso ás instalacións universitarias, as instalacións universitarias en sí mesmas, o estado dos institutos e colexios públicos, etc, etc, etc; son unha puta merda, con perdón.
E agora que o penso, en Coruña nen hai troitas. Así nos vai logo.
E agora que o penso, en Coruña nen hai troitas. Así nos vai logo.
4 ELOS:
Hai mesmos casos moito peores. Iso é que non coñeces Ferrol ou Lugo.
A Coruña é unha cidade monísima, de escaparate, pero á hora de buscar traballo, ai maigo, só hai dúas opcións, traballar na hostalería a 900 euros/mes, nun banco se tes un enchufe ou traballar para Inditex. Por iso hai tempo que decidín mudar A Coruña por Compostela.
Ben, eran tres opcións.
O de traballar para Inditex ímolo ir deixando de lado, así que dentro de pouco van ser dúas as opcións.
Bueno, vale, son tres...Zaras, Breshkas, Pulls and Bears, Oyshos etc etc hai un lote, ser dependienta non está tan mal.
Enviar um comentário