meter un voto nunha urna non é simple folclore ou alomenos iso é o que eles queren que pensemos.
¿Pero pode existir unha democracia de verdade se só participanos nela cada catro anos?
O costume de dirixirse ó parlamentario que teñen nos paises anglosaxóns, ainda que derive do xeito que alí teñen de elixir ós representantes, non deixa de ter uns efectos estupendos, andando espelidos para non alporizar ós seus votantes, que son os que teñen mais influencia na súa continuidade. Non coma aquí, que o ir dentro de listas pechadas nin sequera os coñecemos.
Con todo esa é só unha das debilidades do noso sistema electoral. Faime moita graza que o PP pida decote que a lista mais votada sexa obrigatoriamente a que goberne. A nosa normativa electoral permite os pactos poselectorais e parécelles mal. Porén, que obtendo o 30% dos votos emitidos (por dicir unhas cantidades calquera) se poida ter maioría absoluta no Congreso dos Deputados e outros cun 10% non cheguen sequera ó 5% dos escanos iso parécelles normal.
Entendo que a lei D'Hondt teña moitas bondades, porén o gran beneficiado no panorama político español é case sempre o PP, que acumula os votos da dereita e os grandes perxudicados, os partidos á esquerda do PSOE, castigados pola súa atomización.
A forza da sociedade civil, que en Galiza apareceu co movemento Nunca Mais, e en España viuse co Non á guerra, é a única que pode facer ós políticos andar con ollo.
Noutras partes do Mundo a xente organízase e actúa logo, aquí precisamos case a fin do mundo para actuar.
Na miña opinión, se a sociedade civil ten mala saúde, os políticos difícilmente actuarán na liña axeitada.
Porque (non hai que enganarse) ¿de onde saen os políticos?
sexta-feira, 25 de maio de 2007
sociedade e democracia
Feito por
Ghanito
à(s)
5/25/2007 03:26:00 da tarde
Etiquetas:
democracia,
sistema electoral,
sociedade civil
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 ELOS:
O que non explica o PP é que precisamente porque a dereita ten unha lista unica beneficiase enormemente do reparto de escanos da lei d'Hont e polo diferente valor do voto nas provincias do interior pode acadar maiorías absolutas nas ele3ccicóns autonómicas con pouco mais do 40% dos votos!!!.
Noutro orde de cousas, e sempre se pon o mesmo exemplo, non sería moi xusto nunha democracia parlamentaria que governase a lista mais votada nunhas eleccións nas que a repartición de votos fose por exemplo PP=34%, BNG=33%, PSdG=33%.
Enviar um comentário