quinta-feira, 21 de junho de 2007

eu?


el tamén son eu.

porque inevitablemente eu non son eu. eu son silvio falcón, eu son elos, eu son anguita, eu son manola, eu son ti, eu son elas, eu son todos agás eu mesma.

cantas veces escoitei nos meus beizos as verbas coas que non estaba dacordo o outro día? cantas veces a miña opinión era a túa de hai dous meses? cantas veces estaba falando do tema marcado polos políticos de turno?

eu son manola, sendo uxía. eu son fraga, sendo beiras. eu son stalin, sendo el che guevara. eu son moisés, sendo hitler. eu son bin laden, sendo bush.

non estou feita nada máis do que me rodea, do que me dá o pensamento que eu creo libre, que me pon na man o voto que non deposito na urna, que che fai dano cando te ama.

a labazada que recibo de ti. o grito que lle dou á nena. a bala que escacha a cabeza dun neno africano. o odio que se profesan os de hamás e os de al fatah, e viceversa. o voto caciquil para o alcalde de sempre. todo iso son eu. e tamén ti. pero sobre todo, eu.

dóeme. por iso o esquezo. non me gusta. por iso o odio. quero afastalo. por iso sempre seguirá aí.

o día que eu sexa eu, sendo ti quen es ti, e el sendo el; ese día seremos civilizados, seremos unha sociedade intelixente, poderemos vivir.

mentras tanto, morremos sen saber quen somos.

2 ELOS:

Suso Lista disse...

Eu son eu e ti eres ti, quen é mais ghuapo, ti ou eu, je je. Saludos

Silvio Falcón disse...

Uy, parón estival! Non si?