"Sempre fun un feble mental ao lanzar o penalti da vitoria no derradeiro minuto." Aquela frase, acaíalle perfectamente a este home, mesmo podería estar gravada na súa lousa no cemiterio.
E o pior é que nin sequera sabía que lle retrasmitían o partido en diferido por todo-los videoclubes de Galicia.
Tanto tivo que lambera, zugara, trabara, rabuñara,... Mesmo fíxenlle unha imitación á Kim Bassinger das 9 semanas e 1/2.
Dame que a este rapaz o que lle vai é outra película, se imitaramos a escea do tren do risky bussiness sería outra cousa.
¿Quen o diría? É coma eses equipos que só xogan ben fora da casa. Pois escarallouse o que eu quería e ó tempo o que el perseguía, tamén. Porque eu cun home que non responde en calquera terreo non me podo comprometer mais de unha noite.
Moito caravel e moito almorzo, pero á hora da verdade...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 ELOS:
e eu que quería facer arrancar o porno amateur galego...torreira e ghanito aí en compló a rebentalo :D
Solidariedade masculina besbe...Bicos (sempre quedarán os polvos furtivos nas escaleiras e iso e porno do bon,ademais,a gravación dun jatillaso sempre merece a pena ou ben pensado,seria a cámara?)
Ola. Isto é divertido. Vou continuar a partires de ti, pensei que o derradeiro post era o de Torreira pero vai todo moi rápido¡¡¡¡ Bicos(valdeorosa)
Enviar um comentário