"Sempre fun un consentido das curvas e dos seus excesos". Con isto non quero facer coñas a modo de autoexculpación e relativizar sobre o feito de que esta obsesión miña puidese ser nalgún momento perigosa. E se algún día ou algunha noite me dera por tocarlle o cu a unha tipa e intentara proseguir e adentrarme no seu punto máis escuro con permiso ou sen el? Convertiríame como mínimo nun agresor sexual¡ Non podo seguir así. Estou enfermo de lascivia, vivo obsesionado coas curvas e redondeces das mulleres. Ata tal punto chega a coua que, ás veces, e fixádevos que digo ás veces dame por pensar que rexento un clube de alterne cheo de mulleres potentes como enormes afroditas, semellantes á moza de Mazinger Z, que me dín "Tetas fóraaaaa" e logo bótanse enriba de min para facer de todo. Creo que Manola, a señora que limpa os cristais do edificio sábeo. Véxoo cando me apunta coa vasoira con cara de poucos amigos e di"Que miras mamón?"... E ten razón a boa da muller, son un mamón de primeira e só fago mamonadas. Non sei que facer para curar esta enfermidade que me consume. A pasada noite soñei que era absorbido por unha vaxina xigante e permanecía alí como un feto anoado, retorcido de pracer. O peor de todo é que vou quedar sen Uxía por porco. Que sí joder, que son un porco integral. Cada vez que penso en como comezou isto póñome do fígado. Xamais voltarei a mirar na tele un partido de Serena Wiliams, ela ten a culpa deste desatino. Vou arrincar todos os posters das paredes .
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 ELOS:
Que bo Rosa!...e que risotadas.Bicos
Enviar um comentário