- non te cabrees por iso muller que é peor!
- como non me vou cabrear, toliña?
- sabes que non me gustan os diminutivos. falo só para cabrearme, pero non, hoxe non.
- aiii... por que?
manola estaba chorando. non sabía moi ben por que, porque el non lle gustaba. era un bó rapaz, pasábano ben, rian moito. con el conseguira esquecerse dos seus problemas, das cousas que lle daban voltas na cabeza. e agora, dende que deixou o seu cepillo de dentes na casa, todo mudara de súpeto. daba a impresión de que era todo máis serio, máis importante.
- tola, non sei por que me volven todas esas lerias á cabeza.
- deixa que saian, deixa que veñan e dean todas as voltas que queiran, deixa que flúan, se non quedarán dentro e seguirás con ese cabreo que te trae amargada dende hai moito tempo.
- xa estás con esas trapalladas espirituais!
- sabes que funcionan. mírame a min.
- ...
dende había uns meses que á manola lle andaba un ruxe ruxe de preguntarlle á tola por algunha daquelas 'movidas' que tanto lle falaba e que tan ben lle funcionaran. só había que vela, tan guapa, tan deslumbrante, tan fascinante. quedaran atrás, moi atrás, os tempos das roupas flouxas e escuras, das depresións, do seu andar encollido, dos choros, dos desencontros amorosos... estaba claro que era outra.
- págalle á conta ao camareiro que imos dar un paseo.
preto da terraza había un camiño que levaba á fraga onde tanto xogaran de pequenas. o seu xogo preferido era imaxinarse que eran unhas princesas atrapadas no medio do monte, onde os piñeiros, os fentos, os carballos eran os soldados que as custodiaban. un día chegarían os principes azuis a salvalas e imaxinaban o encontro. peiteabanse unha á outra, adornábanse coas flores que atopaban, subían ás árbores para ver chegar á xente e ver se eran os seus príncipes, para imaxinar que estaban na torre dalgún impresionante palacio. sentíanse presas do seu pequeno universo e o monte dáballes liberdade para ir a outros mundos.
- que ben o pasabamos aquí, lembras? que bonito sería volver a xogar coa inxenuidade daqueles tempos. aquí é onde eu quero estar, daste conta? é aquí!
- xa, seino, por iso vimos pasear aquí.
- xa, claro.
pasaron uns poucos minutos paseando, coas lembranzas a rebulirlle polas súas cabeciñas. sentaron nun prado de herba tenra, vendo as nuves e os paxaros, e sentindo como o ar fresco lles daba na cara. manola tumbouse. e tentou relaxarse, que os pensamentos se lle foran a través do seu corpo cara a terra que sentía xusto debaixo. acariñaba a herba cos seus dedos. desexou estar completamente espida, sentirse liberada, parte da natureza que a embriagaba.
- tola.
- si?
- non quixera marchar nunca daquí. quixera quedarme aquí para sempre.
- ese é o teu problema.
- que dis?
- si. aínda segues esperando ao teu príncipe azul.
non puido aguantar nin un só segundo as bágoas que inundaron os seus ollos, que emborronou a imaxe da natureza que as envolvía.
- fíaste de min, manoli?
e púxolle unha man na fronte, dándolle unha pequena caricia pola cara.
- si, tola, si. levo un tempo querendo preguntarche por 'esas cousas', non sei moi ben como tratalas, non sei se creo nelas, pero necesito que me axudes, e ti sempre fuches unha moi boa amiga. déixome nas túas mans.
- pois entón, reláxate, libérate. chora, patalea, durme, fai o que queiras.
a man da tola quedou na fronte de manola, e manola sentía que lle pesaban os ollos.
- a miña man é túa.
manola colleulle a man e fixo que lle masaxeara o pelo, gustáballe moito que llo tocaran, lentamente, sen presas. as cavilacións deixaban de ser tan importantes e a relaxación estendíase coma a auga dende o pescozo ata a punta dos pes. o desexo de espirse volveu agora e pensou que á tola non lle importaría. un por un foi desabotoándose a blusa ata que sentíu a frescura nos seus peitos. baixou a cremallera da falda e notou como alguén (sería a tola) lla retiraba esvarando polas súas pernas. a lenta masaxe da cabeza seguía e seguía. notou como unha man baixaba polo pescozo, rozando a pel coas xemas dos dedos. outra man percorría a perna parándose no muslo. quedou alí, no interior do muslo, quecendo. unha man máis navegaba polo brazo, subindo e subindo ata que chegou ao sobaco. a calor dunha nova man moveuse lentamente ata chegar ao peito. así quedou durante uns minutos, sentíndose flotar entre a herba e as mans que a facían levitar sentindo o ar fresco que a inundaba por todos os recovecos do seu corpo.
e entón, lentamente, as mans comezaron a moverse, sen deixar un só anaquiño de pel sen explorar. todos e cada un dos poros do seu corpo sentiron que estaban vivos, que existían. emborrachábase pouco a pouco coas oleadas de intensas sensacións que lle chegaban de todos os lugares, algúns nin sabía que existían, e algús outros parecían estar fóra do seu propio ser.
e o orgasmo chegou. un orgasmo por cada parceliña de pel. un orgasmo múltiple concentrado nun só.
cando por fin puido respirar, sentiuse realmente ben. como se fose outra persoa, sen deixar de ser ela mesma, manola.
abriu os ollos e estaba soa, vestida. coa súa blusa, sen sostén, coa súa falda, tal e como saíra hoxe pola mañá de casa. era noite e había unha lúa chea impresionante, moi fermosa.
e, por fin, espertou.
quinta-feira, 14 de junho de 2007
soño húmido
Feito por
Anónimo
à(s)
6/14/2007 11:25:00 da manhã
Etiquetas:
atoladomonte,
contasoños,
Manola,
sexo,
soño
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 ELOS:
Enviar um comentário