segunda-feira, 27 de agosto de 2007

(re)comezando...

palabra de muller liberada da colonización, radical dende a raíz e farta de tanta política da corrección e demais paradigmas da estupidez humana.

dende aí, dende a liberación, e dende a fartura da estupidez humana, e dende unha posición radical pero non inamovible, dende unha sociedade conxunta pero non limitada, dende aí comezo de novo cos meus pensamentos para encadealos a outros, de perto, de lonxe.

verbas de muller soñadora, crítica, pesimista querendo ser optimista, libre (pretendidamente), son as verbas que me gustaría verter na cadea do copy&paste.

eu quero ser erótica e, por que non?, pornográfica.

4 ELOS:

Silvio Falcón disse...

Ai oh, eu queria continuar, mais deixaches unha frase ben feminina! xD

Anónimo disse...

e que problema hai?


aínda que sempre poder recurrir ao recurso de por as verbas en boca dunha muller... (é por dar ideas...)

Silvio Falcón disse...

Problema ningún jajaja. A ver que se pode facer.

Anónimo disse...

Interesante iniciativa a vosa, cando menos no aspecto formal.
Ánimo!