quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008

A CHAVE MÁXICA



.tantas veces coma na ditadura precedente.


.así as cousas, e como parece que non avanzamos, decidín coller unha chave máxica que atopei nalgun recuncho da miña casa. a ver, non é que sexa máxica exactamente é que o parece, se cadra por ese aspecto de antigo que lle dá o feito de estar tan sucia. pensei que podería ser que con ela iniciásemos novamente esta páxina colectiva. que é unha mágoa, veña. pode ser que estedes canso ou que perderades a ilusión ante estes artigos políticos. non me estraña. entón propoño levantar o ánimo e seguir.

para iso propoño tres frases. podedes elixir:

FRASE A)

teño un campo de millo na cabeza

FRASE B)

parece que existe unha tenda de teas marabillosas naquela aldea...

FRASE C)

non me gusta nada comer carne picada

2 ELOS:

Anónimo disse...

acavo de descubrir este blog, por certo que me alegro de telo feito. moi boa a idea de coller a última frase e que o seguinte comece con ela. Aquí vos deixo a direccíon do meu blog que aínda que non é tan bo coma este pois déixase ver: www.dagolada.blogspot.com visitádeo

Pablo Otero disse...

As tres frases non me inspiran moito, a verdade. Coa do campo de millo na cabeza pensei en escribir algo de ciencia ficción. A de "parece que hai unha tenda...", semella ser dita por un miope e a da carne picada pois... non sei ¿outra historia do neorrealismo italiano?