"Universitarios boicotean unha conferencia da presidenta do PP vasco". Era o titular do derradeiro xornal que David lera antes de que comezase a época das bombas atómicas. Ninguén soubo de onde viran, só que case toda a poboación esmoreceu e que uns extraterrestres do tamaño de casas chamados "Patacóns", asumiron o control de toda a Terra.
¿De toda? ¡Non! Na esquina noreste da antes coñecida como Península Ibérica e hoxe sector 46B, resistía, libre, un pobo antes coñecido como o galego e hoxe coñecido como Humanidade Ceibe.
O líder dos Patacóns, Z3, decidiu que se non podía invadir a Humanidade Ceibe, cecais podería chegar a un trato. "Chamade ó líder deses furabolos", ordenou un día.
Presentouse ante el un señor a cabalo, con un gran chapeu, fumando en pipa e cheirando a viño de barrantes.
-¿Es ti o líder desa Humanidade Ceibe? -preguntou Z3.
-Non ho, eu fun o que perdeu ós chinos.
-Ben, mira, quero conquistar o voso territorio por unha vía pacífica e comercial. Trala conquista de Andalucía e extrapolando os datos do rexistro da propiedade, calculo que para 23.000 quilómetros cadrados, teredes uns doce terratenentes. Necesito os seus números de teléfono.
-Pfff.
-¡O meu tradutor universal no entende que significa "pfff"!
-Pois que vas listo. Haberá como setecentos mil propietarios.
-Dame os seus números.
O paisano sacou a lista dun pendrive que levaba baixo o chapeu. "Aquí tes", dixo.
Os Patacóns chamaron un a un a tódolos propietarios da Galicia, máis o menos sucedía unha cousa así:
-Ola?
-Que horas de chamar son estas??? ¡Mañán érgome as seis, anda e vai ó carallo!
Outras, ocorría destoutro xeito:
-Ola?
-Quen é?
-Son un subsecretario das forzas de invasión alieníxenas. Estamos interesados en mercarlle-la súa finca.
-¡Edelmira! ¡Edelmira! Xa está o listo do teu irmán amolándome outra vez. Cando o vexa, háse enterar.
Casi o conseguen nos casos que:
-Ola?
-Ola.
-Son un subsecretario das forzas de invasión alieníxenas. Estamos interesados en mercarlle-la súa finca.
-Moi ben.
-Que extensión ten a súa finca?
-Vinte ferrados.
-Mmm... iso ben sendo uns oito mil metros cadrados.
-Non ho, son nove mil cincocentos de millo e catrocentos metros de horta, pero iso nesta parroquia. Porque a douscentos metros daquí, veñen sendo uns doce mil metros. Pero nese caso, só de millo.
Ó alieníxena estoupoulle a cabeza e Galicia ficou ceibe e minifundista dous mil anos máis.
Ata logo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 ELOS:
Vostede, Pablo, parece experimentar un estraño pracer sendo pouco amable. Anda como de mal rollito pola rede. Se cadra ten un campo de millo na cabeza ou un aliénixena que o incita nisto de mostrar desprezo.Tamén podería ser que eu non saiba VER que, en realidade é un tipo moi feito, coma son bastante miope... Podería ser, non sei. Non me gustaría que o que digo resultase neorealista ou subrealista ou o que sexa. Dixit, Rosa Enríquez,
Enviar um comentário