domingo, 16 de março de 2008

Política e demais

Vamos que case todo seguiu como sempre. Hoxe, na igrexa á que adoitaba ir de pequeno vía unha morea de xente que ía á misa, cun só motivo, "por ir", porque esa xente sabía tanto do cristianismo coma eu das consecuencias éticas de mirar un ovo de avestruz a trasluz: nada, ou peor, parvadas.

Pero houbo unha parte da leitura que me fixo reflexionar, bueno, unha palabra, xa que na algarabía que alí xermolaba non permitía escoitar moito máis. A palabra era: Pilatos.

Neste mundo ateo, o cal ten as súas cousas positivas, non é de recibo contar a vida das personaxes do novo evanxeu. Se ben, un pouco de historia non nos veu mal a ninguén. Pois Pilatos era a autoridade romana que gobernaba en Xudea, e resultou que lle deron a un home para que o crucificasen (qué home é o de menos), e resultou, que por Pascoa, unha vez ao ano, tiñan costume de liberar ao preso que a xente pedira, e lle deu a elixir a dous homes (qué dous homes é o de menos) e nun concurso de popularidade se escollía a un e se crucificaba ao outro... e despois, lavábanse as mans.

Moi curioso resúltame. Unha vez ao ano, o supremo poder nos da a elixir entre dous persoas nun concurso de popularidade, e despois, grazas a que nós o eliximos, el pódese lavar as mans e dicir que foi decisión nosa, que é democracia, e seguir facendo o que lle pete.

Seméllase demasiado á actualidade. O poder do capital fai o que lle peta, pero como temos eleccións cada catro anos, vivimos nunha democracia. É a democracia de lavar as mans, de que unha man lava outra, e de poñer unha cabeza de turco pero preservar a sacra estrutura capitalista que fai aos ricos máis ricos, e os pobres... pódese ser máis pobre? E que os pobres sexan máis.

Señores, Poncio Pilatos, era catro veces máis demócrata que os que temos agora. Vaia cousa.

1 ELOS:

Patricia Gordillo Serrano disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.