domingo, 22 de abril de 2007

E que dure

Que pasou? Que foi? Acaba de nacer un novo neno nesto do blogomillo. Milleiros de blogs nacen ó día en todo o mundo, e en infinitude de idiomas. Porén, este blog é especial. Un espazo colaborativo no que xente de toda a xeografía galega e estatal colabora co fin de amosar que é posíbel unha unión colectiva nun lugar tan difuso como é a Internet. Neste momento, hai 14 persoas no proxecto.

Cando Silvio Falcón comunicoume a idea que estaba a surxir na súa cabeza fai uns días, encantoume. Pero vou ser sincero, nunca tiven un blog famoso, nin sequera son un gran escritor. De feito, levo moi pouco tempo nisto dos blogs, sendo o que teño agora o meu terceiro intento (disque á terceira vai a vencida, non?). Nunca me interesou ser coñecido na rede, nin que se falara do que eu escribo en tódolos sitios galegos que hai, confórmome con que alomenos unha persoa me lea.

E por que? Porque considero que un blog é un espazo de libre expresión, sexa persoal ou colectiva. O importante é que o autor escriba o que lle pete sen ter en conta o que poida pensar a xente, que se exprese dende a súa interioridade proxectando cara o exterior as súas opinións, conviccións e principios morais. Sen presións externas e disfrutando mentres escribe, que para algo é o seu blog.

Porén, hai dous tipos de blogs, os bos e os que son unha merda. E este ten ilusión, xente comprometida e o resto de ingredentes precisos para facer un dos da primeira clase. E que dure.


1 ELOS:

Silvio Falcón disse...

Primeiramente agradecerche as túas palabras Fran, pero, como xa sabes, este proxecto non será viábel se non poñemos todo da nosa parte. !Que siga a CADEA!