¡ Canto asasino ! E non só de persoas. É moi fácil falar de asasinos de sangue, e non fixarse noutros eidos da vida, obviando así a súa importancia real. Hai asasinos de persoas, asasinos de animais, asasinos de linguas –como ben acabamos de ver-, asasinos de culturas, ou asasinos ecolóxicos...
A este punto é ao que quería chegar eu. Supoño que será común denominador a opinión de que Galiza é un paraíso natural con todas as letras. Ben pola cantidade, ben pola calidade ou ben pola diversidade. Podería falar do mar, dos animais ou dos cultivos orixinais do noso país. Pero agora non. Iso, porque o que me gusta a min de verdade é o monte. Si, como as cabras.
Galiza é un país atlántico, de clima oceánico, con influenzas da montaña no interior; bosque tamén oceánico caducifolio, inda que con demasiado peso, diría eu, dos alcolitos, ultimamente. Vemos unha Galiza conformas redondas, con montañas e vales, con ríos e rías, con prados e montes, con praias e acantilados... O inverno húmido convértenos nun recuncho privilexiado do que chaman España, humidade que chega das choivas que chegan ao balcón atlántico...
Eu crieime nunha aldea pequena, preto da Coruña. Está á beira do monte, mellor dito, un bo anaco da aldea está xa cáseque dentro do monte. Inda que hai cinco ou seis anos podería dicirvos que en lugar de estar á beira, estaba arrodeada de monte. Sentíame privilexiada. As fins de semana e outras épocas de lecer paseinas brincando polo monte, repito, como as cabras...
Pero hai algo que me fendeu. É pouco dicir que a vaga de lumes deste último verán, en 2006 foi un gran atentado ecolóxico, un gran atentado contra Galiza enteira... Dende primeiros de agosto perdinme en cifras arrepiantes de hectáreas queimadas e vilas ameazadas, xente afundida pero que non se rendía... Os foráneos, nun alarde de intelixencia, ven o atentado como unha “pena” ecolóxica, polo desequilibro dos ecosistemas. Veñen dende Madrid para “alucinar” con kilómetros e kilómetros de negritude e deserto. Pero non son quen de ver que o valor para min e para NÓS de toda esta MERDA non está única e exclusivamente no que eles cren. Nin tan sequera no valor económico afundido que significa un marco ennegrecido... O que pasa realmente é que é parte de nós. O nos monte, ao que vamos de rapaces a facer “o cabras”. I é aí onde podemos confirmar que falamos de asasinos, porque os que acabaron deliberadamente cos montes galegos prendéndolles lume como a unha morea de madeira vella e xornais na noite de san Xoán, acabaron para sempre cunha parte de nós.

Lembro esas datas. Erguíame pola mañá cedo e ía pró “choio”. Alí, ollaba ao lonxe e vía aparecer as primeiras columnas de fume espeso, inda non acabara de saír o Sol... Como era posíbel?? Chegou a estar o Exército Español e Zapatero entre nós e só se falou de axudas aos afectados. Fíxose do problema un tema político, unha arma máis, unha pedrada ao nacionalismo, chea de intereses e desinformación... E, case un ano despois, sigo sen saber algo de por que, de quen fixo iso, de quen nos tirou esa parte de nós, quen arrasou Galiza e que razóns tivo... Que pasou?
1 ELOS:
http://www.elos.glz.cc/
A nova redirección deste espazo virtual.
Jejeje
Enviar um comentário