Eu agardo que ELOS nos permita postas en común máis alá dos simples comentarios.Esa é a base da miña idea. Por iso, o mellor será que cada un, a modo de presentación, vaiamos redactando unhas liñas explicando qué somos, de donde vimos e cara a onde imos. As nosas sensibilidades, aquelo que realmente pensamos e que, en moitas ocasións, non lle contamos a ninguén, nunha especie de represión absurda. Desta forma, a nosa canle virtual de comunicación fai, moitas veces, de confidente social.
Por iso vos pido que, brevemente, vos describades a vós mesmos, que digades qué facedes aquí e qué opinión tendes do futuro da literatura, política e cultura galega.
Comezarei eu, se non vos importa.
Eu nacín en Barcelona, xa fai 17 anos, no seo dunha familia galega afincada en Cornellà de Llobregat (sí, sí, onde naceron os ESTOPA). Ao pouco tempo tiven o meu primeiro cambio de domicilio, dentro da mesma área metropolitana barcelonesa. O destino: Gavà de Llobregat. Por aquel entonces eu tería un ano, aproximadamente. Cando cumplín os 2 anos, produciuse un feito determinante no meu transcurso vital: a miña familia decidiu voltar á terra.
En Galiza desenrolei un amor á terra fora do normal (¿ou cecais é o normal?) acentuado co sentimento e interese político relacionado co nacionalismo. Aqueles carteis de Beiras, colgados polas rúas (no 1997 e no 2001) marcáronme dalgún xeito. E seguramente non só os cartaces...
No 2002, 1 mes antes da desastre do Prestige (que non fai falla que explique ampliamente) emigrei, de novo, cara ós Països Catalans. Sen saber qué me esperaba, nin tampouco a lingua propia do sitio que me acollía, tiven que loitar por adaptarme, aínda que conseguino finalmente (non é tan difícil como conta Telemadrid; algún día falarei a fondo disto).
E aquí estou. Na emigración, na diáspora... Compartindo proxectos cheos de resignación, de tristeza; aos que teño que aportar forza e xuventude. Nestes casos, a esperanza é imprescindíbel...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 ELOS:
Enviar um comentário