Non quero buscar similitudes coa realidade, non é a miña intención a de que se comecen a cazar bruxas sobre quen foron as miñas referencias ou algo así...
Ao caso, hai cousas que non soporto e que me poñen de moi mal humor. Sobre todo cousas que son nun principio inconscientes e que cando te das conta queres paralo sexa como sexa. Non lle dou máis voltas, non soporto a xente que respira alto cando todo está en silencio. O novo compañeiro de clase que se senta ao teu lado, estás traballando e oes como respira. Non está mal que respire, pero e que faino MOI ALTO e inda por riba cando ten o nariz semi-taponado que soa igual cas ventás cando vai bastante vento.
Outra cousa que non aturo e o estrés cando falas con alguén. Inexplicablemente estás falando con el pero estás estresadísimo á vez. Non sabes o porqué pero ti estaste poñendo dun mal humor que xa queres deixar de falar. Día tras día pasa coa mesma persoa e cando menos o esperas sabes que é porque a persoa non para de agarrarte da manga continuamente reclamando a túa atención mentres che fala.
E xa non cabe dicir os tres tipos de persoas ás que lles preguntas algo. Se es profesor coma algún que eu teño visto pois daraste conta de xente que cando preguntas algo responden coa mesma pregunta, eses son os do primeiro tipo, os de segundo tipo son os xordos, os que cando lle dis algo pois din un “Que?” ou un “Eh?” e tes que volver a repetir a pregunta. De todos xeitos podemos dividir os xordos en dous grupos, os que cando calas e non repites responden igualmente, e os que tes que volver a dicir toda a frase e xusto no medio xa responden. Despois hai un terceiro grupo que son os galegos, que responden con outra pregunta, cousa que moitos facemos cando chegamos a casa ou alguén na rúa pregunta de onde vimos, podemos dicirlle un simple “Por que?”.
Ao mellor son un alguén moi raro, pero non se soe detestar algunhas situacións con determinadas persoas que ves xusto cando abres a porta para ir para casa, ou no bus, sexa onde sexa, e sempre que un coincide acaba falando unha e outra vez do mesmo tema, agardando as preguntas de que tal o fútbol/tenis/baloncesto/calquercousaquefagasequeosaiba .
Pero hai moitas cousas que xa non teñen que ver con pobres persoas que non son consciente do dano permanente que case fan. Hai cousas de hoxe en día como a informática que poden quitar de quicio a moitos e por exemplo cando tes que instalar a túa conexión de internet e non es capaz de facelo. Comezas a darlle ao coco e nada de nada, inda peor cando tes unha wifi que aí xa entran moitas máis cousas en xogo. Pensas que fácil sería a vida se ti puideses decidir máis e que todo fose tan sinxelo como darlle a un botón de “POÑER CONEXIÓN”. Odias a Microsoft ou ao sistema operativo de turno.
E non só cousas de informáticas, non odiamos moitos de nós cando vamos ao médico ou ao hospital ter que esperar mínimo 30 minutos para ser atendido e despois que te despachen en 10 minutos ou que unicamente che digan o que xa supuñas?
Tamén están estas outras situacións, cando dormes tranquilamente e a iso das 7-8 da mañá, a hora da igual o caso é estar durmindo, e xusto soa a alarma do teléfono móbil de alguén que vive arriba (só aplicable a xente que vive en pisos) e é a mesma melodía de sempre, a mesma hora de sempre, e cando estás a facer o de sempre, durmir. Día tras día escoitas esa maldita melodía, e por puro conductismo acaba pasando que, cando escoitas soar un teléfono móbil e xusto se trata da mesma melodía, comezas a estar do máis agresivo. Espértaste neses intres agresivos, o corpo memorízao e cando volves ouvila inda que non estés na cama vaste por peor aínda.
Pero en fin son moitas máis cousas que non soportamos, cada un terá as súas o caso e que hai moitas e moitas e que cada día vanse renovando.
0 ELOS:
Enviar um comentário