sábado, 28 de abril de 2007

O cego só quere enganarse

¿Os que están en contra do mercado libre están a favor da pobreza? Ou máis ben están en contra da riqueza? A miña irmá ten unha camiseta na que un home está encarcelado detrás duns barrotes con forma de dólar. "A riqueza ameázate" reza embaixo.

Cómo aquilo que está empobrecendo aos máis desafortunados pode sacar da pobreza? O que saca da pobreza é o desenvolvemento, non o mercado. Os liberalistas afirman que é o propio mercado que, ante a demanda de tecnoloxía, este se ve motivado para producila. Pero moito me temo que demanda non é o mesmo que necesidades.

Un gran avance para o mercado foron os centros comerciais, neles tes todo a man e con superofertas. Moi ben, pois é moito máis barato comprar as cousas en tendas especializadas de alimentación xa que o que está demostrado que é moi barato son determinados productos estrelas e non outros produtos necesarios. Desta forma recibimos menor calidade a maior prezo. Neses centros comerciais vemos que escollen á xente polo aspecto físico, a pobre señora de 40 anos traballadora ten un lugar menos onde conseguir o necesario para manter os seus fillos. Nunca verás a xente en Hipercor dicindo "Levo 30 anos nesta empresa..." porque a xente fixa, cobra máis e molesta. E a pesar de todo, son capaces de abrir máis tempo, tendo unhas horas de apertura imposíbeis de igualar para quen teña familia. Que bonito, a tenda que ofrece maiores garantías e calidade a mellor prezo pechada porque os seus clientes prefiren pagar máis por menos. E é curioso que os que defendan o libre mercado estean máis preto de Hipercor que da tenda da esquina cando Hipercor vulnera as leis do libre mercado gracias a unha variábel allea á oferta, ao prezo, e á demanda chamada "gustos e preferencias".

E sigamos falando de El Corte Inglés, unha empresa que ten unha imaxe impecábel. A razón, pois que o traballo sucio o fai outra empresa da que a totalidade do seu capital provén de El Corte Inglés. Esta empresa pasa por ser, actualmente, a que maior explotación téxtil produce. O método? Facer un pedido moi grande para un espacio de tempo moi pequeno. Isto implica que a xente, que xa non cobra o xusto (que lle dea para vivir) polo seu traballo, teñen que facer unhas horas extras que non serán remuneradas. Iso sen contar coas condicións insalubres nas que viven e de riscos laboráis.

Outra empresa que actúa de xeito semellante é Inditex. Actúa por subcontratas, isto é que lle encarga pedidos a cooperativas. Todo mundo lle aplaude este método, moi bo, se non fose que hai outra condición do libre mercado que non se cumple, a falta de competencia na oferta, polo que as cooperativas só poden subcontratar a Inditex. Isto lle da marxe a Inditex para facer os pedidos grandes con pouco tempo, pagar ao produto e non á persoa, polo que non ten que pagar un salario mínimo a unhas persoas que si fixeron un traballo polo que deberían recibilo. Non contentos con iso, parte das cousas que precisan para realizares ese traballo, coma o fío, o teñen que comprar a unha empresa chamada Inditex. Nin que dicir ten que se queren ter seguridade social a ten que pagar a cooperativa. E por último, as ameazas con que poden marchar a Marruecos ode lles sairá aínda máis barato, e é a cooperativa a que ten que ceder para poder competir con Marruecos xa que son as señoras de 40 anos que non aceptan ter en Hipercor.

Pero o gran logro foi o de ter as camisetas tan baratas. O son tanto que os fillos de banqueiros poden ter un armario enchidísimo de roupa sempre nova xa que, en moitos casos, nin sequera chegan a ser estreadas. Pero a muller de Amancio Ortega ten unha ONG, ou unha fundación, non o sei, dáme igual.

De Coca-cola sábese que algunhas das matanzas de Colombia a Indíxenas foi máis que alentada por ela, o terreno seica era máis importante que as vidas humanas. En América latina, as fábricas de coca-cola son maquilas, os que alí traballan reciben cartos, pero iso non enriquece ao país, xa que na maquila só compran dentro da maquila polo que eses cartos que coca-cola da, coca-cola os leva. E hai cidades onde non hai para comer, pero bébese coca-cola.

McDonalds. Hai un Índice con este nome. A renta per cápita é insuficiente para coñecer a situación dos países xa que países coma Arabia Saudí daban datos erróneos pola extremada riqueza dalgún dos seus habitantes. Por iso fíxose o IDH no que se miraba tamén taxa de alfabetización, aceso á auga potábel (ter unha fonte a menos de 200m de casa), aceso a instalacións sanitarias... Por certo, EEUU non está de primeiro neste índice. Pois resultou que este índice, que mide multitude de factores diferentes e é moi costoso, podía ser aforrado pedíndolle a McDonald's que nos dera unha lista mundial de locales, son prácticamente idénticos.

McDonald's tamén é o símbolo de comida rápida. Destructor de culturas autóctonas a cambio da americana vemos como en lugar de adaptar o plato á comida, adapta a comida ao plato. Isto é, en lugar de cortar o tomate, fanlle probas xenéticas, non para que saia con maior calidade, senón para que a pel teña un determinado grosor e o tomate teña un tamaño para que pase pola máquina. A carne non se ten nin a máis remota idea de onde sae. E obrigaron a moitas poboacións a pasar ao monocultivo creando unha inseguridade de se vén algunha praga ou desgastando a terra e talando o amazonas.

O café se cultivo de xeito case exclusivo en América Latina e en África, coincide coas zonas máis pobres do planeta en moitos casos. Acaso empresas como Saimaza ou o Bonka de Nestlé están libre de pecado nisto? Ou sucedeu que se lles obrigou ao monocultivo de café, baixaron os prezos e agora están condenados a empobrecerse?

No norte, os nosos gobernos teñen aranceis. Iso significa que nós podemos vender os nosos productos no Sur pero eles non poden vender aquí. E nos productos agrarios nos gañan, pero nós subencionamos aos agricultores, estamos pagándolle todo o proceso de fabricación polo que eles van obter ganancias puras, como tal poden baixar os prezos, cousa que non poden facer agricultores do Sur, polo que non só non poden competir cos nosos productos aquí, senón que non poden competir no seu propio país polo que calquera inicativa, esas que supostamente se premian no liberalismo, serán aplastadas.

E non falamos das farmacéuticas porque iso xa é bestial.

Por esa razón agora hai comercio xusto, hai cooperativas de consumidores. O comercio xusto baséase en que productos coma o cacao, os refrescos ou o café, se pagan de forma xusta e evitando os intermediarios conseguindo unha cadea digna. Tamén encárganse de facer propaganda da situación real dos países do sur (O que eu fixen aquí é un mero esbozo). En Santiago están Amarante en Romero Donallo e Panxea nunha das rúas que cruzan o hórreo, ao lado do Alabama.

As cooperativas de consumidores encárganse de consguir e distribuír alimentos que levaran un proceso de fabricación xusto, tanto ecolóxicamente, como que deran un tratamento de calidade como que as empresas que os producen non mostren ningún tipo de síntoma de explotación e paguen un salario xusto. Haina en Vigo (Árbore), na zona de Coruña (Xoaniña) e estase a facer en Santiago.

Un liberalista convencido, do mesmo xeito que un comunista radical e todas as ideoloxías que hai polo medio deberían, non só facer boicot ás multinacionais que vulneran as leis do mercado no seu propio beneficio, senón apoiar estas iniciativas. Porque hai moitas cousas relativas neste mundo, pero obxectivamente sabemos que o que fan uns está mal, e o que fan outros está ben.

2 ELOS:

Pablo Otero disse...

ublicaDesta vez cheguei ata aquí:

"Pero moito me temo que demanda non é o mesmo que necesidades.".

E xa non puiden seguir lendo. :(

Xakobino disse...

Na miña opinión non é o mesmo.

Non hai demanda de vacinas, pero hai necesidade delas.

Segundo o prezo, a demanda modifícase, a necesidade non.