Inflúe moito como nos ensinen de pequenos. Si, a esa reflexión non lle falta razón. Velaí a proba do demoledor informe publicado hai uns días que que amosaba o masacre no que está sumida a lingua galega, a nosa, no ensino.
E din os altos cargos, e todo iso, por que? Porque o ensino galego é desastroso, lamentable. Eu, por exemplo, cursei os meus estudo primarios nun colexio concertado relixioso e até terceiro de primaria non tiven ningunha materia en galego a parte de galego.
Eu aprendín na escola con 4 anos a ler en castelán, a escribir en castelán. Non sei se ti que estás lendo fuches ensinado en galego como primeiro idioma pero podo dicir por experiencia que o 85% dos rapaces galegos aprender a ler, a escribir, a multiplicar, a dividir en castelán. Si, é así. Eu penso que aí está a chave do problema. Os políticos non fan nada, non hai máis que escoitar falar a Touriño ou Feijoo, que están asasinando o idioma." O dixen eu", " El mo dixo" e atentados similares adoitan saír da boca de eses terroristas do idioma.
Os mestres de escola non está preparados, hai mestres de lingua galega en certos colexios concertados de Ourense que son nados en Madrid, que non teñen idea do idioma e que tamén contribúen a asasinar o idioma. Co idioma non se xoga así, pero temos o que merecemos. Somos parvos, ou alomenos eso parece. Pero aínda hai remedio, debémonos erguer e berrar forte para opoñerse a esta castrapización do idioma. Ergámonos contra os " hemos dito", os " mo dixeron", os " non to dixen", os " podan", " queran"...
Pero talvez non compense que as xentes da Galiza aprendan galego, talvez non compense o ensino. Non o sei. Eu son dos que penso que o ensino talvez sexa algo inventado por unha empresa de varredores de lixo ou algo porque cando chegue o momento no que todos teñamos títulos universitarios, entón varrer as rúas será un verdadeiro negocio.
Talvez por iso, non compense o galego na escola. Xa dixo Baltar, Mr. Cacique do PP ourensán que " o galego só serve para falar no ´pueblo`". ¡ Canto asasino !
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 ELOS:
Home, tamén hai non pouca xente no BNG, mesmo algunha coñecida conselleira, que podían ter un galego moito mais traballado. Tampouco Quintana é o máximo expoñente de falar bo galego mas certo é que é algo mellor que o galego-andaluz de eses aspirados do presidente Touriño.
Oxalá que os mais novos non deixen esmorecer a lingua e a cultura galega en xeral tal como din as estatísticas. Talvez un ensino conxunto de galego e portugués daríalle á lingua, como ferramenta útil, unha dimensión internacional que podería facer moito pola súa pervivencia.
está claro que a estas alturas, impor un ensino íntegro de galego é moi moi difícil. Mais se Mahoma non vai ao monte, o monte vai a Mahoma. Se non podemos equilibrar a balanza, se non podemos facer que os nenos das casas castelán-falantes vaian a unha escola galega, entón deberiamos traer a escola ás casas dos castelán-falantes. E cómo? moi sinxelo, achegandonos ao portugués, pero non trocando a normativa, senon imprantando repetidores de sinais das canles do Portugal.
Así conseguiremos que a xente teña algo imprescindíbel para falaren un galego mellor, escoitar en galego.
Que razón tedes. eso daría para fañar varias entradas neste blogue. Creo que se convertísemos o portugués en segunda lingua estranxeira na escola teríamos todos un mellor galego
Enviar um comentário