terça-feira, 24 de abril de 2007

PIÑÓN FARDA DE ALGO QUE NON SABE

Din que os heroes son aqueles que fan todo o que lles é posíbel, fronte aos que non o fan.Pois eu estou aquí e son un heroe ao meu xeito, é dicir, a mínima escala. Endexamais participei nun blogue malia que si teño un web sobre CD Ourense. Si, ese equipo que está nas últimas, cos xogadores sen cobrar.
Eu teño xa 17 anos, son nado en Ourense, con aldeas sitas en Amoeiro e Alariz e fun sempre criado en lingua castelá malia que os meus pais falaban galego ( e ségueno facendo). Fun ciriado en lingua castelá principalmente porque estiven desde moi cedo nun colexio relixioso, anti-galego, e bastante conservador.
A miña pequena heroicidade tal vez radica no meu galeguismo. Malia o ambiente que tiven que sufrir, de carácter represor, desde pequeno deime contento do furor galeguista que se estendía no meu eu pensante e sen chegar a integrarme en ningunha asociación ao respecto colaborei ao meu xeito nunha lingua que me parece fermosa: o galego. Considérome bilingüe e galeguista. Outras heroicidades que teño son a miña devoción polo Patético de Madrid ( Atlético), CD Ourense e por Galiza. Teño inquedanzas, moitas. Unha delas, como za dixen, o idioma. E vou falar sobre este aspecto
Onte, no programa Hai Debate! falábase do novo decreto de ensino en galegol. Alí estaba Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación, amosando a penosa perspectiva do galego. Moita chulería, botándose flores, de que ocoidan o galego.. Ja. O flipante foi cando calquera dos que estábamos a ver o programa démonos conta de que a " super galega" Conselleir aPiñón non sabía falar galego. Non só eso, senón que se converteu nunha máis dentro da lista dos asasinos do idioma. Co tempo que leva aí, como carallo pode dicir " una", " unos", " unas". É un insulto para os que estábamos vendo eso. É lamentable. A esa señora pagámoslle para que saiba falar. E non só eso. Miles de castrapadas e parálises falatorias para traducir na súa mente castelá pensante. Con estes políticos, eu bórrome do sistema.