terça-feira, 24 de abril de 2007

Teño unha pregunta para Usted

Con estes políticos, eu bórrome do sistema. É o que se leva dicindo dende que o mundo é mundo e dende que o poder corrompe. Poucas veces, ao mellor unha vez cada século ou menos, os planetas alinéanse e o pobo pode dicirlle os gobernantes o que pensan deles, e que lles escoiten. Supoño que esta tradición comezou cando decapitaron a Luis XVI, por esta mesma razón supoño que os políticos evitarán que se repita o evento con cotidianidade.

Pero parece ser que no Estado Español déuselle a oportunidade ao pobo de falar, cousa que me permito considerar graciosa xa que supostamente vivimos en democracia. Esta oportunidade limitábase a que un reducido número de xente dixera unha pregunta cada un. Pode parecer moi boa iniciativa, pero non era o que queríamos. O que queremos é que os políticos escoiten as nosas críticas, e que delas salgan a promesa de cambiar, de mellorar, e incluso unha baixada de mirada e unha petición de perdón.

Que os políticos saben dar rodeos, sabémolo todos, que os políticos saben cambiar de tema, tamén o sabemos, e incluso a acusación máis directa pode ser refutada sen falar dela. Ben se podía ver nas expresións da xente en "Tengo una pregunta para usted, señor Rajoy", esa frustración, esa ansia por querer introducir o matiz (francamente innecesario porque nos entarabamos todos excepto quen non se quería enterar) e ver na reacción do secretario xeral do PP unha pizca de arrepentimento que lles dese un raio de esperanza.

Se lles limitou a unha pregunta para poder interpelalo. Pois eu creo que hai preguntas que debería responder como:

- Por qué nunca se le ve hablar gallego?

- Conociendo la situación del gallego, no piensa usted defenderlo de ninguna forma?

- Conoce usted la situación del gallego?

- Sabiendo que su apellido fue traducido por la vergüenza de ser gallego, y que se ha convertido en el símbolo más visible de esta vergüenza, se planteó devolver su apellido a Raxoi, su estado original, para luchar contra el menosprecio que tienen los gallegos por si mismos, y así que los gallegos seamos iguales al resto de los habitantes del Estado como dice la constitución?

- Que noticia le apenaría más que saliese en los periódicos "En Galicia se ha dejado de hablar el castellano" o "En Galicia se ha dejado de hablar el gallego"?

- Sus hijos saben gallego?

- Usted sabe gallego?

- Si el gallego desaparece se sentiría culpable?

Son preguntas sinxelas, que nunca obterán resposta porque non convén. Só se é claro en que a Educación para a Cidadanía está mal e en que a falta de castelán en cataluña produciría un segundo diluvio. Só se é claro no que se quede, e no resto da igual preguntar.

Eu cambiaría o programa por "Tengo que increparle, Señor Rajoy". Porque aínda que non nos fagan caso, que nos deixen a gusto...

1 ELOS:

Pablo Otero disse...

É lider dun partido de ámbit español. Non vai falar galego todo o tempo.

Eu non teño ese traballo tampouco e non o falo todo o tempo, porque estou en Madrid.

Abre os ollos.