Pensémolo mentres vemos nos nosos televisores de plasma as noticias sobre a fame no terceiro mundo. Pensémolo detidamente: ¿por que? A pregunta xorde se tes corazón, a pregunta xorde se es cristián, a pregunta xorde porque es humano.
Pero ves que hai esperanza. O martes pasado HDNet emitiu a premiere do documental The Ultimate Resource. Aí fálase do meirande movemento na Historia da Humanidade para saíres da pobreza. Nel cóntase a historia de xente ordinaria que recibe as ferramentas para te-la oportunidade de mellorar a calidade da súa vida. O mercado libre cambiou espectacularmente a forma de vida de millóns de persoas no último cuarto de século. Só na China 400 millóns de persoas pasaron de gañar menos dun dólar ó día para hoxe ser clase media. Esta revolución silenciosa viuse acompañada da caída do bloque comunista. Hoxe en día máis de 3.500 millóns de persoas viven baixo reximenes democráticos e capitalistas. E a revolución silenciosa continúa. É inevitable que a apertura económica se vexa acompañada pola apertura política, social e cultural. Trátase da bendita globalización.
A reflexión é clara: se o mercado libre está en contra da pobreza, ¿os que están en contra do mercado libre están a favor da pobreza?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
11 ELOS:
Obviamente NON. A última reflexión é un tanto demagóxica.
Se os antibióticos atacan as bacterias e os doutores están en contra do uso indiscriminado dos antibióticos, ¿Están os doutores a favor das bacterias?
Entre os extremos dunha dictadura comunista e o capitalismo salvaxe hai toda unha gama de grises, azuis, vermellos e verdes fosforitos.
Éche unha relixión.
Que o liberalismo vai a sacar a todos da pobreza é un dogma de fe.
Pero cando vas a un caso concreto, como podería sobrevivir fulanito no libre mercado daste de conta dunha cousa. Que o mercado está preparado para equilibrarse cando os pobre morran, e vai por bo camiño.
Non creo que os liberais desexen a morte dos pobres. Se non, a quen ían explotar?
A ver, as cousas claras, os liberalistas non queren explotar... pero o fan.
Home, lonxe de poderme considerar un liberal, non me parece unha reflexión demasiado mala a de Pablo. Penso que se os países pobres son pobres non é só por culpa do "Primeriro Mundo" aínda que non nos podemos safar das nosas responsabilidades, senón por eros propios.
En realidade a maneira máis efectiva de saír da pobreza extrema amósaa precisamente parte do Sudeste asiático. Mirando atrás India e China tiñan vagas de fame que mataban a millóns de persoas. Agora os problemas de fame son moito menores. O traballo duro, serio, ben planificado, competir a nível global e, por suposto, non caír da dependencia do FMI e da "axuda" internacional son boas receitas para resolver a fame no mundo.
A pobreza dos paises pobres non é só causa dos países ricos, xa que dende a época colonial foron usados, pero aínda que non fose así, os países ricos están impedindo que salgan da súa pobreza.
Os exemplos que pos, son completamente anti-liberalistas.
A reflexión de Pablo non só é mala senón que é mentira. A frase de que os pobres do futuro terán internet será nos seus soños.
O libre mercado podería estar moi moi ben. Pero iso implicaría cousas como que os productos non deberían levar marca, que non podería haber fronteiras no acceso ao traballo e os sindicatos funcionaran ben. Senón, o libre mercado convírtese nunha mala frase na que se escudan os ricos para non ter remordimientos de conciencia ao darse de conta de que viven de forma que non merecen a costa de outros.
Precisamente un bo problema dos países menos desenvolvidos son as trabas que o noso mercado falsamente libre lles pon. Por iso considero que a reflexión de Pablo, malia ser descaradamente pro-liberal, non é de todo mala porque nos fai pensar en que non existen solucións máxicas e fáciles.
Producir carne ou froita no Brasil é moito máis barato ca en Europa ou Estados Unidos (se non lembro mal por 1 dólar levas 20 kg de laranxas). Para non arruinar os nosos agricultores e gandeiros póñense uns aranceis, barreiras e cuotas aos seus produtos (tal como fai a UE co leite galego, por certo).
É un tema moi complexo porque a solución da pobreza pasa por que moita xente do Primeiro Mundo (incluidos ti, eu e el) renunciemos a boa parte da nosa maneira de vivir: menos consumo e menos saír de esmorga pola noite, cobrar menos polo noso traballo (pois virá xente de fora que o fará máis barato), eliminar aranceis e cuotas de mercado, desfacerse de sectores improductivos porque o outsourcing é máis rendíbel,... e isto é duro, recoñezámolo.
Ollo, que obxectivamente mirado. Galiza a nivel produtivo é terceiro mundista.
Por exemplo, se nos están impoñendo criterios de calidade inútiles que os gandeiros normales non poden acadar (Non todos poden ter unha máquina de 2 millós de pesetas para poñerlle a datas a unha produción pequena de ovos), deixando ás grandes empresas facer o que lles prace (Que pasaría se marchase citroen de vigo?).
As solucións que ti das chámanse consumo responsábel (Que non están reñidas con saír pola noite) e que se falan delas no artigo seguinte, que é un pouco longo, pero creo que comulgarás coas opinións que nel se dan.
Encantado de falar con vostede.
Acaso non hai algo máis consumista que saír, gastar, embebedarse e emporcallar a cidade o xoves, venres e sábado pola noite? Ah, non, claro: menudo exercicio de dobre moral.
Cantos de nós/vós cidadáns so primero mundo, (dicir que a Galiza é o Terceiro Mundo é un insulto para alí onde se pasa fame) estamos dispostos a renunciar a parte do noso ben-estar para que outros non morran de fame? Que levante a man.
Eu estou disposto a renunciar a parte do noso benestar. Si, e xa o fago. Non teño nin roupa de marca nin caio en caprichitos coma un PDA ou un móbil novo se é que non o preciso.
As saídas de pola noite son un acto consumista, si, pero tamén é un acto social sen o cal a nosa vida veríase moi mermada. Polo que o considero un gasto necesario e non parte do noso benestar fútil.
Dicir que Galiza, económicamente é terceiro mundista, é unha realidade porque vivimos subencionados. Na Galiza non se pasa fame porque quen non é funcionario cobra unha pensión. E o resto é sector terciario que serve aos anteriores. A única fonte de riqueza destacábel é citroen.
Pero ollo, mira que digo económicamente, non a nivel nin de dereitos, nin de protección do estado, nin de aceso á auga nin de nada, económicamente.
Chuzarse, é un acto cultural que eu vexo necesario. Ou sexa, non é nada ao que se poida renunciar. Non hai dobre moral nisto. Evitar tomar un café tamén repercute negativamente no noso benestar, máis contra iso non vas.
Se queres revisar os meus gastos, déixote, e me dirás se son un consumista desalmado con dobre moral.
Non o tomes de xeito persoal, simplemente procuraba unha análise crítica.
Non dubido de que teñas boas intencións a respeito deste problema.
Enviar um comentário