Todos xuntos é a maneira mais efectiva de acadar uns obxectivos. Durante moitos anos, baixo a influencia das ideas liberais de Adam Smith, dábase por probado que se cada individuo competía e procuraba o mellor para sí, a sociedade obtiña tamén o seu mellor.
No filme A Beautiful Mind, que narra parte da vida do matemático John Nash, hai un momento no que se explica de maneira sinxela, e talvez un pouco machista, que o vello Adam Smith andaba algo errado. Tres rapaces e catro raparigas -unha loira e as súas tres amigas morenas- encóntranse nun salón de billar. A loira é a mais feitiña e todos os rapaces desexan en principio competir por gañarse a súa atención. Nash apórtalles unha solución mais interesante: se todos competisen pola loira só un tería éxito, mentres que se decidisen colaborar renunciando á loira e facerlle a beira cada un a unha morena o éxito sería máis probábel.
Cada fin de semana vense modestos equipos de fútbol nos que o ego dos futbolistas desaparece e flúen no partido para acadar bos resultados mentres noutras bandas de vedettes de calzón curto o xogo resulta mediocre. Das moitas cantigas anónimas e o folk ate as comunidades de software libre de hoxe pódense encontrar milleiros de casos de éxito colectivo colaborativo onde se puxo o ben común por riba do particular. Así debería ser tamén coa xestión do solo urbano.
Na outra banda, o exceso de competitividade e individualismo egoísta tamén ten mostrado os seus tráxicos estragos no Xapón, cunha elevada taxa de suicidos en adolescentes, e, en xeral, en todo o Ocidente, onde psicoterapeutas, autores de manuais de autoaxuda e falabaratos fan o seu agosto tentando de acalmar a ansiedade. Inflúe moito como nos ensinen de pequenos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 ELOS:
Enviar um comentário