Porque aínda que non nos fagan caso, que nos deixen a gusto... Ogallá fora así, e polo menos tiveramos a sorte de estar a gusto, pero non. Ogallá se deixase ao mundo a gusto.
Volveuse a repetir, como xa se fixo en anos pasados, as touradas en Padrón, a Tourada de Pascua. Esta festa, baseada por si fora pouco, por seis animais. Unha das tradicións máis crueis galegas, e é curiosamente unha das que conta co maior rexeitamento da poboación galega.
"O crucificado inocente, o ser doente da España cínica, é o touro"
Francisco Umbral
Foron moitos os espectáculos violentos contra animais rexeitados internacionalmente, foi a UNESCO no ano 1980, cando rexeitou as touradas. Estos só son un reflexo da incultura e da violencia, para nada podémolo engadir no campo artístico. Se a violencia, se o sufrimento, se a morte, se a crueldade é arte, vaia este mundo no que vivimos.
" A tauromaquia é o terribél arte de torturar e matar animais en público ,segun do unhas regras.Traumatiza aos nenos e aos adultos sensíbeis.Agrava o estado dos neurópatas atraidos por estos espectáculos .Desnaturaliza a relacion entre o home e o animal .Nisto, constitúe un desafio maior á moral ,á educacion ,á ciencia e á cultura" UNESCO
Non só queda aquí a cousa, son moitos os Concellos os que apoian este tipo de masacres, son moitos os Concellos que apoian economicamente, patrocinan ou ceden instalacións.
Onte mesmo, en "Hai Debate" apareceron un membro de ADEGA, e un asasino destes. Foi máis que interesantes, e vaia co tipiño este!! Chegou a dicer cousas, que prefiro non recordar, cousas así como "Os touros non sofren, está cientificamente controlado", "As touradas están apoiadas pola maior parte da poboación", "Un touro nace para morrer". Que lle imos facer, nun mundo así... Por certo, o compañeiro de ADEGA, marabilloso!
Cambiando de tema, ultimamente, foron moitos os paises do mundo os que están elaborando proxectos para a protección de animais, baixo leis. Espero que sexamos nós, os seguintes en unirnos á causa anti-morte. ADEGA, está pedindo durante os últimos días, a Nova Lei de Protección animal. Que haxa sorte!!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 ELOS:
Enviar um comentário