segunda-feira, 28 de maio de 2007

Publicidade

De onde saen os políticos? Pois da publicidade.

Asisto atónito e con ollos como platos a visión de que o Partido Popular en Santiago, non só baixa, senón que gaña as municipais. Algo bastante extraño xa que non había analista político que puidera predicir tal resultado sobretodo polo do Sarela, que o moi intelixente de Conde Roa, para demostrar que o Sarela estaba contaminado, bañouse nel. Polo que calquera cidadán con dous dedos de fronte dirá, que é o que pretende? Demostralo deixando que caian anacos de pel? Ou demostrar o contrario do que defende saindo saniño?

Pois esta xogada política que deixaría fóra a calquera corredor na carreira electoral, non tivo consecuencias negativas. Tampouco as tivo que fose un membro do OPUS ou que lle deran o posto de Alcaldable polo PP porque ninguén máis o quería.

O que cambiou e distraxo a moitos analistas foi a publicidade. Un mes antes da campaña xa se vían carteis de Conde Roa por todos lados. Todo estaba empapelado, todo estaba cuberto. Ata facultades onde a meirande parte da xente non vota en Santiago.

Se é a publicidade, eu avogo porque nas próximas eleccións, coller todos os carteis electorais que vexamos, rachalos e manchalos, cortarlle os cables dos altofalantes dos coches e boicotear así a todos os partidos. Poñer un cartel "Que vos voten polas vosas ideas, non pola vosa publicidade". Eu avogo pola democracia.

1 ELOS:

Xosé Manuel Carreira disse...

En realidade Conde Roa tíñao moi fácil malaia que a camapña publicitaria parecese por cor e lema un anuncio do ING Direct.

Bugallo apostou polo anticuado un modelo vazquista de cidade escaparate. E o BNG compostelano desaproveutou a ocasión porque é unha gaiola de grilos onde Nestor Rego co apoio da UPG lanzaron un ultimátum ao sector crítico de Portas. Lembremos que Manolo Portas foi un louvado concelleiro de deportes. Mal feito.

Cómpre moita realpolitik e moita autocrítica no BNG: de Ferrol, Vigo, Ourense e Pontevedra, mellor non falar.