quarta-feira, 16 de maio de 2007
Se tolo é o que pensa, está o manicomio cheo de tolos...

Os manicomios xa non existen. E nunca se encheron de pensadores, eses, tanto dentro coma fóra, escasean.

A culpa foi de Descartes, o de "Cogito, ergo sum" ("Penso, entón existo") é excesivo e inexacto: Se por existir entendemos interactuar co mundo hai ben pensadores dos que a súa existencia é francamente dubidosa; e para que pensar sexa requisito de existencia "pensar" ten que ser irremediablemente degradado a límites que debordan as xenerosas definicións dos dicionarios.

Levou tempo poñer as cosusas no seu sitio, pero hoxe están ben claras: consumo, entón existo. Aquí si que poderiamos asentar as bases dunha moderna teoría do coñecemento: consumir e existir, en ningún caso unha cousa é posible sen a outra. O rastro máis indeleble do noso paso polo mundo está nas bases de datos do Carrefour.Soñar si, soñar é gratis, e compartir os soños de EUGZ, pero pensar custa o que vale unha barra de pan cada mañá.

...realmente todo isto é filosofía barata de carallo!

En fin, eu o que penso é en pedir outra caña en canto remate esta.