quarta-feira, 23 de maio de 2007

Tempos estraños

TEMPOS ESTRAÑOS



É que só desexamos ver as cousas como teñen que ser, bonitas. Ese é o gran problema do individuo. Cando planexamos algunha cousa, fartámonos de facer deduccións que, se non fora pola experiencia (como ben di Hume no Tratado da Natureza Humana) non terían razón de ser pola propia razón e lóxica. Por iso, cando eu me propuxen poñerlle a primeira pedra a este proxecto, nunca pensei que vós vos animaríades a escribir sobre tantas cousas diferentes como as que tivemos comentado xa nesta bitácora. Por iso, e por moito máis, o individuo é imprevisíbel.


Temos que ter en conta, tamén, os tempos nos que vivimos. En ELOS participa xente situada, xeográficamente, en puntos moi diversos da xeografía mundial. Xa non caibe dúbida de que Galiza é unha nación global e que, alí onde haia un galego (por obra e graza das tecnoloxías) hai unha comunidade virtual de galegos ao seu carón. Pero tampouco temos que excedernos nas previsións de futuro.

O futuro é inexplicábel a priori. E, ás veces, incluso cando se torna en presente, segue á ser inexplicábel. Polo que, debemos vivir minuto a minuto, dacordo coas nosas conviccións persoais. Coherencia é o que pido nun mundo no que a maioría da xente móvese "porque sí". Isto pasa, cada vez máis, coa participación política. Pero diso xa temos falado largo e tendido noutros lares.

Político en Campaña


Este presente estraño, no que xa nin Eurovisión (aquel concurso da canción que era rancio, aparentemente serio, que sempre gañaban os mesmos) é o que era. !Os paises do Leste! Non pode ser, é incríbel. Pobres franceses e españois... Perderon hexemonía na Europa musical(acompañados das Illas Británicas) e xa se enfadan. !Manda nabizo! Se o sistema inventárono eles. O que sí é incríbel é que gañe Eurovisión cancións coma esta... Isto con algún dictador que eu coñezo non pasaba... (véxase a ironía).






Pois o comentado, que o tempo pasa, e nós, tamén habemos pasar. Por iso, planificar algo é inútil. Vive, sé valente, coherente... e deixa vivir.