sábado, 9 de junho de 2007

De película

Aínda non sei o que me vai dicir, pero algo é, que está máis nervioso do habitual. O mete-saca de hoxe foi curto de tan impacientes que estabamos, pero ben que o gozamos que, neses 3 meses, ben que aprenderamos a darnos pracer contra o gotelé das paredes da escaleira.

- Pensáchelo Manola? Queres vir vivir comigo? É que preciso máis de ti, quixérate ter escarranchada na cama tódolos días e deixarte morta de gusto e comerte todiña...

- Pero que cousas dis!- e imaxinábame ao cabo de dúas semanas facendo un transplante de vaxina por causa de tantas acometidas.

- Manola, dime que si, dime que si.- parecía o canciño da vella do quinto, ladrándome para que lle fixese caso. Por todos é sabido que as mulleres son tropecentas mil veces tendendo ao infinito máis intelixentes que os homes e vin moi clariño o xeito de aproveitar aquela situación.

- Mira, o que podemos facer é que os domingos á mañá pase pola túa casa, así desafogarémonos un pouco máis e téñoche unha sorpresa preparada para que non me botes de menos o resto dos días, pero vivir...non ves que a cama se rompería aos dous días? Temos que ser precavidos e non levantar sospeitas que se non igual me botan do portal.

- Este domingo virás entón?.- en canto lles dis que poden botar outro pirolazo, xa desvían a súa atención do que eles realmente queren.

- Si, si, as nove estou na túa casa.

- Vente coa bata. So coa bata.- e marchou todo colorado coa petrina baixada.

Esa mañá corrín emocionada cara El Corte Inglés a mercar unha cámara de vídeo. Sempre quixera ser unha actriz porno e ese rapaz íame dar a oportunidade, non así Pedro o meu defunto home, dios o teña no ceo, que andaba máis preocupado da política que dos meus fondos reservados. E agora que o pensaba, o porno galego cotizábase alto. A miña cabeza de empresaria fervía pensando nas posibilidades que tiñamos diante para aproveitar o potencial daquela relación. A ver se todo saía ben.