domingo, 10 de junho de 2007
A ver se todo saía ben, porque despois da experiencia do chat aquel, a cousa do cibersexo dábame un pouco de medo. Claro que isto era diferente, agora tratábase de ter sexo real pero cunha cámara grabando todo. So a idea de que moita xente podería ver as miñas sesións sexuais co meu amiguiño, xa me excitaba.
Como era Domingo, pensei que sería mellor poñerme outra roupa, non ía ir coa bata azul, non era cousa; Así que mirei o armario por ver se tiña algo co que poder impresionalo, o malo era que desde que decidira cambiar de vida, ata tirei coa roupiña aquela tan “monísima” que tiña, e agora a verdade pouca cousa teño onde elixir agás catro vaqueiros e unhas camisetas do mercadiño.
-¡Ai Manoliña! ¿ porqué sempre o tirarás todo?
Menos mal que cando fun ó Corte Inglés, deume por mercar unha especie de túnica-poncho moi estanpadiño e transparente, non era gran cousa pero serviría para a ocasión.
Como quedara con él as once da mañá, levanteime as nove e media, que eu ben me coñezo e sei que despois de me poñer unha roupa, cambio de idea e logo me poño outra, e así ata que o final vou co primeiro que escollín, é un ritual que xa tiña na miña vida anterior, e do que ainda non me puden desfacer.
Cando saín pola porta, ía cun vaqueiro blanco ben axustadiño, e o poncho aquel transparente que deixaba ver un suxeitador dunha cor granate bastante intensa, por suposto debaixo do pantalón levaba unha tanga que máis parecía un tirachinas, tamén da mesma cor.
Desta guisa e ca cámara no bolso fun cara a rúa das Margaridas so que hoxe non ía a traballar, hoxe ía a algo diferente... Xa so o cambio na rutina diaria ten un efecto excitante, non hai cafeína que se lle poida comparar. Pero o verdadeiramente excitante era o encontro sexual, que eu levaba imaxinando dende o Martes.
Toquei o timbre da porta e deseguida abriu, seguro que él estaba tan excitado e impacente coma min, e seguro tamén que levaba toda a mañá colocando o apartamento, para que todo parecera ordenadamnete desordenado.
_¿Queres un café? acabo de facelo.
Notábase polo arrecendo, sempre me gustou o cheiro a café recen feito.

1 ELOS:

Anónimo disse...

Moi bo Rifo. Eu quero un poncho-túnica . Ao mellor así ...(valdeorosa)