quarta-feira, 6 de junho de 2007

EXCESOS AMNÉSICOS

"Ao final perdemos a perspectiva e acabamos por asasinar ao irmán porque só podemos aturar del que sexa un apático mediocre coma nós".Ou iso,ou bebemos ata caer de cu polas rúas da vella nun exercicio de amnesia inducida que nos permita esquecer que hai alguén que deixa o pelexo polos demais mentres nos xogamos a perder o tempo facéndolle o xogo ao sistema.Estes días,adícome a coleccionar facturas vitais como se fosen cromos da infancia amagando “coa insoportable levidade do ser” e malgastando cuncas de Licor café e sorrisos de saldo.Tan só descanso cando estou contigo porque ti miña ben,es o meu balneario particular que aloumiña esta cidade de pedra e cemento.Mírasme,como se fose un dinosauro tenro en perigo de extinción.Bícasme, pra cicatrizar as feridas en mancomún co paso dos anos e a vida.
Agora que escomenzo cos esbirros do bo tempo,teño unha conta pendente con vos alá onde debuxas as túas cadeiras cando camiñas.Sempre fun un consentido das curvas e os seus excesos.



4 ELOS:

Silvio Falcón disse...

Gustame moito o teu estilo, sen dúbida. O tema do podcast aínda me gustou máis, o certo.

E o tema que tratas, se cadra, é aínda máis difícil de vivir cando vives a 1000 km. da persoa coa que desexarías estar. !Qué mala sorte!

X disse...

Magnífica forma de continuar a cadea :)

Anónimo disse...

Vós, torreira, non parecés sufrir de AMNESIA con esas "cadeiras" en movemento que curan cicatrices con sabor a licor doce e amargo, mais ben, todo o contrario."ELAS" semellan compañeiras eternas.

rosa enríquez disse...

Gustoume Torreira¡ Unha boa idea isto do blog comunitario. Unha aperta cabaleiro(rosa enríquez)