sexta-feira, 8 de junho de 2007

Gústame o azul clariño

Gústame o azul clariño. E non me queda outra, que a bata-de-señora-da-limpeza que visto agora tódalas mañás é desa cor. Pois si, foi ese o novo traballo que busquei para recomezar a miña vida e, anque por agora so é un portal o que limpo seguro que han vir máis. As amigas, que poucas merecen ese nome xa, dixéronme que toleara: que a ver porque deixara o meu antigo traballo na oficina, que non había ser tanto o estrés que sufría, que a ver onde se metera o meu home "ou é que o botaches da casa?" e que ordinario eso de fregar portais porque a manicura francesa así non lucía nada.

"Nada Manola...déixaas que falen que non saben nada e a ti tanto che ten o que pensen os demais", dicíame a min mesma. De feito, deixar de relacionarme con elas ía ser o seguinte paso para recomezar a miña vida. Cando aceptara o traballo aínda ía pensando no río e na cal viva, lamentando non poder cobrar a pensión de viuvedade. Tanto tiña, o caso é que a fregona dábaseme ben e ninguén sospeitaría que eu, Manola Rivadulla, fose capaz de asasinar a unha mosca morta coma era o Pedro. Non, non, non. E niso andaba pensando mentres desinfectaba con lixivia o portal 23 da rúa das Margaridas cando baixou o mozo aquel. Debía estar algo enfermo que día tras día furábame coa mirada, igual sospeitaba algo..."que vai sospeitar, ho!".

Hoxe o mozo debera espertar xustiño para baixar ao traballo, ou a onde queira que fose, porque a través do pantalón ben se vía que estaba empalmado coma un burro. "E agora que te paras a pensar Manola, ti fai canto que non botas un bo polviño? Que tanto limpar alfombras alleas e vas e desatendes os teus baixos." O rapaz seguro que se decatou dos meus pensamentos porque se parou en seco no descanso da escaleira. "Ai que apuros, seguro que estou vermella coma unha cereixa."

- Manola, Manola...que so as pelotas deben botar. A ti gústache Serena Williams?

- Non, eu prefiro a Kournikova que non xoga ben pero pásao dun ídem...

- E gústache o tenis, Manola?

- Gústanme máis os tenistas.

E quen o ía dicir que alí mesmo, no descanso da escaleira, ás 6:00 da mañá, cando a xente anda tendo o seu penúltimo soño sen darse de conta, dei en pensar que que sorte a miña por ter posto hoxe as bragas novas xa que ía ter ocasión de ensinalas.

Despois daquel set a catro bolas botando e rebotando sen xeito contra a parede, contra o chan e mesmo contra algún chanzo da escaleira, aquel rapaz, mamón a máis non poder (que me rechupeteou toda), subiu os calzóns e meteu a camisa por dentro deles. Sen máis explicación marchou tirándose dos pelos e berrando non sei que dunha tal Uxía.

Que gusto, meu deus. Está claro que cunha fregona na man vívese mellor. Que mo digan a min.

2 ELOS:

Elianinha disse...

;) Mira ti en que deu a Manola!

besbe disse...

:D a ver que lle depara o futuro a esta muller