sábado, 9 de junho de 2007
Que mo digan a min, eu so quería unha amizade sen moitas complicacións, vamos un “amiguiño” para botar un polbo de vez en cando, porque a verdade a cousa do sexo na miña vida, estaba nunca situación que xa empezaba a ser crítica, había máis de dous anos que non tiña sexo con ninguén. Adicábame a ler novelas porno, ver películas, e ata me metín nun Chat deses de “quieres conocerme, no te defraudaré”, pero si que me defraudou, si.
Iso do sexo ca pantalliña non me acababa de convencer, e sentíame ridícula. Asi que cando o tipo aquel me colleu no descansiño da escaleira e comezou a espirme e a lamerme o corpo todo, pareceume un soño; pero ¡cómo me gustou…!
E así empezou a cousa, encontrabámonos sempre os Martes, que era cando me tocaba o portal 23 da calle das Margaridas, e no mesmo descansiño, eu empezaba a limpar as seis da mañá e él baixaba as seis e cuarto, e sen mediar palabra tiraba de min e pouco menos que me arrincaba a roupa, eu seguíalle o xogo, o meu era dende logo pura necesidade, o dél, non o sei e tampouco me importaba moito.
Dende que empezaron estas lides sexuales, os Martes madrugaba máis para me poñer ben atractiva, ata me fun facer a depilación brasileira, ou así me dixo a do salón de beleza que se chamaba o que eu lle pedía. Pouco a pouco funme facendo máis activa, incluso iba a aqueles encontros sen roupa interior, so coa bata azul do uniforme. Eu a verdade, estaba encantada con aquela situación, cando un día me pediu que fose a vivir con él, que estaba namorado de min, e non sei cantas parvadas máis…
Pero si eu decidín cambiar de vida para non ter ataduras nin complicacións, eu so quería un “amiguiño” que non me pedira nada nin eu a él. Un amiguiño para botar un polbo de vez en cando, nada máis.