Dérame un baño con sales perfumadas para cheirar coma un rei. Baixara mercar pan e cruasáns, por se ela quería comer algo (antes ou ainda mellor despois) e un par de caraveis para darlle un toque romántico. Metera champán na neveira. Sacara de debaixo da pila de CD as mmmmúsicas que nunca antes me fallaran. Pasar a aspiradora e limpar todo o piso levou case unha hora.
Pero o resultado pagaba a pena.
Seguro que despois de ver o piso a Manola non lle daba medo vir vivir en el. Nótabase ben ás claras que Manola estaba a piques de ceder e vivir comigo...¡se non tardou nin medio segundo en ofrecerse a vir o domingo! está toliña por min, o que pasa é que tiña medo de que o meu fora o típico piso de solteiro, e abofé que o é, pero ela non tiña porqué enterarse. Ademais, por Manola son quen de cambiar se fai falla. ¡Se mesmo dixenlle a Uxía que non nos podíamos seguir vendo!
Teño unha confianza en Manola que non tivera en ninguén na miña vida. É incrible o que poden facer sentir uns polvos furtivos.
Pero o resultado pagaba a pena.
Seguro que despois de ver o piso a Manola non lle daba medo vir vivir en el. Nótabase ben ás claras que Manola estaba a piques de ceder e vivir comigo...¡se non tardou nin medio segundo en ofrecerse a vir o domingo! está toliña por min, o que pasa é que tiña medo de que o meu fora o típico piso de solteiro, e abofé que o é, pero ela non tiña porqué enterarse. Ademais, por Manola son quen de cambiar se fai falla. ¡Se mesmo dixenlle a Uxía que non nos podíamos seguir vendo!
4 ELOS:
Que emocionante é a vida da Manola esta...
ajajaj. Vai haber que cambiar de tercio que os meus contertulios políticos están algo apagadiños jajaj.
Éche a vantaxe de ELOS :D
Vaia, oh. Agora que xa había cama e todo...
Jajaja nah, esperarei un pouquiño a ver en que dá a cousa jajaja.
Enviar um comentário