quarta-feira, 11 de julho de 2007

NON ENTENDEN NADA DE NADA

"Paréceme ben que a xente pida liberdade no idioma mais... liberdade para ser un ignorante? Non graciñas.
Como dicía o poeta, é amarga a verdade e quero botala pola boca. Así o farei, botarei pola boca aberta todas as denuncias que me veñan á punta da lingua bipolar e escindida nunha diglosia que padezo a causa de moitos destes que din "Tan gallego como el gallego". Son galega, muller e libre. Gústame dicir que son muller e galega. Amo cada manifestación verbal que me foi evitada, canda nena. Teño38 anos, aínda que non o pareza, e vivín os derradeiros anos da ditadura dese anano petulante e extraplano, como as compresas pero sen as (fantástico o das ás das compresas, pero sinceiramente a min non me fan voar. Sigo preferindo os tampóns) Ao que estabamos, a "rajar". Pois ben, como vos estaba a dicir, estou preto dos corenta e isto dame un grao niso da madurez, polo menos iso é o que me din por aí algunhas que non sei porque carallo me lembran sempre esta crúa realidade porque, confésoo, preferiría ter 28 ou trinta pero... amigos, son os que teño. Partindo desta realidade cronolóxica da miña avanzada idade, é lóxico pensar que tiven máis tempo para reflexionar que os que teñen dez anos menos, iso se aproveitei o tempo e, crédeme que o aproveitei, porque outra cousa non farei pero rallarme... Niso son unha experta, na dialéctica interna, esa que non conduce a nada na meirande parte das veces pois se convirte todo nun universo de sintaxe alucinatoria que se perde e endexamais conclúe en nada de interese. Ben, sigo co rollo da observación como método científico para detectar as causas, os efectos e elaborar ideas, desas que algúns din propias, aínda que eu creo que non hai ideas exactamente propias pois todo se repite e , finalmente, acabamos por voltar ao principio, e como sucede en "Cen anos de soidade" rematamos redescubrindo o descuberto. Onde estabamos? Ah si, no de que son grandiña dabondo e levo máis tempo niso de fixarme no entorno. Pois ben tras anos de observación considérome unha VÍCTIMA dunha educación en castélán e quero deixar constancia de que esa perrallada de amantes artificias da lingua existe nos centros de Ensino Secundario. Eu coñezo algunha persoa que outra deste tipo e podo dicir que perciben como unha agresión e imposición o feito de facer, por exemplo, a memoria e a programación da súa asignatura en galego. Afirman que existen dúas linguas oficiais e que poden elexir. Esta xente non sente a Galicia nas adentras e falemos claro: NON ENTENDEN NADA DE NADA. Elevan cantos laudatorios a poetas e narradores en castelán pero non teñen nin idea do que se está a escribir en galego. Considérano algo menor, literariamente falando. Son "nacionalistas españoles" que se postran ante o que está declarado publicamente como interesante e carecen da mínima intuición literaria ou artística en xeral para captar talentos en ebullición. Podemos entón dicir deles que dan toda a impresión de rancios da palabra escrita en galego, de analfabetos do autóctono que critican o que non entenden, de anquilosados, de detractores da nosa cultura, en suma dunha panda de afectados, cursis e, sobre todo mitómanos do que está establecido como susceptíbel de ser mitificado. Palabra de muller liberada da colonización, radical dende a raíz e farta de tanta política da corrección e demais paradigmas da estupidez humana.

3 ELOS:

Pablo Otero disse...

Pasa a metade do post fañlando da túa idade. Cousa que non lle interesa a ninguén. A outra metade botando pestes e prexuízos sobre os que somos castelánfalantes e galegos.

Noraboa por formar parte da masa informe e gris.

Anónimo disse...

Tan gris como el gris... mais ou menos o que fazedes os falantes de espanhol carregados de prejuiços contra os que nom som como vós. Eu estou por mandar o bilinguismo harmónico do senhor Feijoo ao caldeiro do lixo... desde quando se respeitou na Galiza esse suposto 50% 50% que agora reclama o partido popular como pretexto pra rejeitar umha lei com a que semelhava concordar? Menos falar barato senhor pablo que tam chulo se pode ser no chão como voando com a aguia do escudo preconstitucional ou mesmo coa gaivota (outros dizem que albatros) do pp.

Proponho foder em galego e apostatar como terápia de choque pra limpar-se de medos e tabús

Movimiento Argenlibre disse...

Saludos desde el Movimiento Argenlibre
argenlibre.blogspot.com