domingo, 16 de março de 2008

Política e demais

Vamos que case todo seguiu como sempre. Hoxe, na igrexa á que adoitaba ir de pequeno vía unha morea de xente que ía á misa, cun só motivo, "por ir", porque esa xente sabía tanto do cristianismo coma eu das consecuencias éticas de mirar un ovo de avestruz a trasluz: nada, ou peor, parvadas.

Pero houbo unha parte da leitura que me fixo reflexionar, bueno, unha palabra, xa que na algarabía que alí xermolaba non permitía escoitar moito máis. A palabra era: Pilatos.

Neste mundo ateo, o cal ten as súas cousas positivas, non é de recibo contar a vida das personaxes do novo evanxeu. Se ben, un pouco de historia non nos veu mal a ninguén. Pois Pilatos era a autoridade romana que gobernaba en Xudea, e resultou que lle deron a un home para que o crucificasen (qué home é o de menos), e resultou, que por Pascoa, unha vez ao ano, tiñan costume de liberar ao preso que a xente pedira, e lle deu a elixir a dous homes (qué dous homes é o de menos) e nun concurso de popularidade se escollía a un e se crucificaba ao outro... e despois, lavábanse as mans.

Moi curioso resúltame. Unha vez ao ano, o supremo poder nos da a elixir entre dous persoas nun concurso de popularidade, e despois, grazas a que nós o eliximos, el pódese lavar as mans e dicir que foi decisión nosa, que é democracia, e seguir facendo o que lle pete.

Seméllase demasiado á actualidade. O poder do capital fai o que lle peta, pero como temos eleccións cada catro anos, vivimos nunha democracia. É a democracia de lavar as mans, de que unha man lava outra, e de poñer unha cabeza de turco pero preservar a sacra estrutura capitalista que fai aos ricos máis ricos, e os pobres... pódese ser máis pobre? E que os pobres sexan máis.

Señores, Poncio Pilatos, era catro veces máis demócrata que os que temos agora. Vaia cousa.
sábado, 8 de março de 2008

Política e hamburguesas

E vinte anos poderemos comer hamburguesas "ecolóxicas" no McDonalds sen que teñan que cambiar a receita. 2o anos e un día despois, McDonalds tiña o monopolio do negocio dos restaurantes de comida rápida debido ó apoio recibido polo ministerio de Sanidade tras a implantación das receitas ecolóxicas e Bernat Soria, o ministro de Sanidade levaba xa 21 no seu posto. Este ministro, vivira a costa do éxito das hamburguesas ecolóxicas que o seu ministerio promocionara, pero isto estaba cambiando, ó noroeste da península, nunha terra que os máis vellos chamaban Galiza acababa de aparecer un alimento novo que ameazaba a supremacía das hamburguesas, o cocido light. Este cocido estábase extendendo rapidamente a través dos restaurantes Fraga King que dirixidos polo Partido Popular buscaban botar da Moncloa a Zapatero e ós seus ministros. Ante esta ameaza e tras celebrar un gabinete de crise, o goberno decidiu xogalo todo a unha soa carta, alterar a receita milagrosa das hamburguesas ecolóxicas botándolles ´´enriquecedores´´ químicos para combater ó cocido. Pero iso sí, os cidadáns non poderían sabelo xa que tras 20 anos promocionando o ecolóxico e a uns días das eleccións semellante noticia sería a súa sentencia de morte. E dito e feito, deuse a orde de que se enriqueceran as hamburguesas. A xente, que levaba 20 anos comendo a mesma merda non apreciou o cambio pero o plan tivo o efecto desexado xa que do cocido non se voltou saber nada. O PSOE gañou as eleccións, Bernat Soria continuou sen facer nada, os gobernos seguiron mentindo e ocultando cousas eternamente e Fraga cansouse de perder e deixou por fin de tocar os collóns ( con perdón). Vamos que casi todo seguiu como sempre.
sábado, 1 de março de 2008

Alieníxenas en son... de paz ecolóxica??

Ó alieníxena estoupoulle a cabeza e Galicia ficou ceibe e minifundista dous mil anos máis. E é que o progreso é alieníxena. O que non sabemos é se veñen en son de paz.

Un progreso que máis semella alieníxena ca terrícola(ou alomenos digno dos comics de spiderman dos anos 70) son os transxénicos. Si, eses produtos que ao comelos nos volvemos verdes e nos saen antenas. Estou ironizando, sería ben mellor que fose así.

O máis semellante aos transxénicos vén do mundo audiovisual, en especial, da película "The six Sense" onde aparece Bruce Willis. Por se non o sabiades, ao final está morto, xa é unha peli vella, podo permitirme desvelalo. Pois nesa película, unha rapaza morta maniféstaselle a un rapaz para que lle dea un vídeo ao seu pai. Nese vídeo, a madastra botaba un taponciño de... ¿lixivia? un dos grandes misterios da película, que ían pouco a pouco envelenando á rapaza ata matala. O pai, supoñemos que divorciaríase daquela muller por e a denunciaría e sabe cristo as que lle montaría. Pero todos nós facemos a mesma pregunta: "Por que a rapaciña non dixo nada ata que morreu?"

E iso me pregunto eu. Nós mesmos aínda estamos peores que a nena xa que dubido que moitos teñan a seguridade de atopar ao neno que nos vexa despois de mortos. Pero nos están envelenando. A nosa madrastra, a Unión Europea, aprovou o xullo pasado unhas normas polas que se permitía nos alimentos cun "pouquiño" de transxenidade e contaminación denominado "accidental ou unevitábel" chamalos "ecolóxicos". Curioso, porque outros conseguen que ese pouquiño inevitábel ou accidental non estea. Polo tanto, aquí a nosa madastra nos da garantías, a garantía de que se non compramos ecolóxico imos ter nas nosas más un produto moi contaminante... que ben...

E a cousa non se queda ahí. O permiso para cultivar en tranxénico para vender en ecolóxico (a isto deben chamarlle fomentar a agricultura ecolóxica) tamén aparece o non permiso para cultivar e criar en ecolóxico. Refírome, un dos casos máis claros son os ovos da casa. Unha señora, que ten as súas pitas ben coidadas, e con visitas do veterinario, en condicións boas, resulta que non pode vender os seus porque non están marcados cunha máquina de coste de varios millóns das antigas pesetas, varios tramos de 6.000 euros deberemos dicir agora, que etiqueta os ovos coa data do día...

Polo que se es pobre, podes comprar productos non ecolóxicos, ou tamén comprar froita decorativa de cera que vai ser do mesmo estilo, ou gastar os cuartos e comprar productos etiquetados de ecolóxicos que significa que só están un pouco menos contaminado que o resto. Ten coidado con comer cousas da casa porque iso en breves non será "legal"...

A este alieníxena non lle estoupará a cabeza, nola fará estoupar a nós. Mireno polo lado bo. E vinte anos poderemos comer hamburguesas "ecolóxicas" no McDonalds sen que teñan que cambiar a receita.
quarta-feira, 20 de fevereiro de 2008

A invasión dos Patacóns


"Universitarios boicotean unha conferencia da presidenta do PP vasco". Era o titular do derradeiro xornal que David lera antes de que comezase a época das bombas atómicas. Ninguén soubo de onde viran, só que case toda a poboación esmoreceu e que uns extraterrestres do tamaño de casas chamados "Patacóns", asumiron o control de toda a Terra.

¿De toda? ¡Non! Na esquina noreste da antes coñecida como Península Ibérica e hoxe sector 46B, resistía, libre, un pobo antes coñecido como o galego e hoxe coñecido como Humanidade Ceibe.

O líder dos Patacóns, Z3, decidiu que se non podía invadir a Humanidade Ceibe, cecais podería chegar a un trato. "Chamade ó líder deses furabolos", ordenou un día.

Presentouse ante el un señor a cabalo, con un gran chapeu, fumando en pipa e cheirando a viño de barrantes.

-¿Es ti o líder desa Humanidade Ceibe? -preguntou Z3.
-Non ho, eu fun o que perdeu ós chinos.
-Ben, mira, quero conquistar o voso territorio por unha vía pacífica e comercial. Trala conquista de Andalucía e extrapolando os datos do rexistro da propiedade, calculo que para 23.000 quilómetros cadrados, teredes uns doce terratenentes. Necesito os seus números de teléfono.
-Pfff.
-¡O meu tradutor universal no entende que significa "pfff"!
-Pois que vas listo. Haberá como setecentos mil propietarios.
-Dame os seus números.

O paisano sacou a lista dun pendrive que levaba baixo o chapeu. "Aquí tes", dixo.

Os Patacóns chamaron un a un a tódolos propietarios da Galicia, máis o menos sucedía unha cousa así:

-Ola?
-Que horas de chamar son estas??? ¡Mañán érgome as seis, anda e vai ó carallo!

Outras, ocorría destoutro xeito:

-Ola?
-Quen é?
-Son un subsecretario das forzas de invasión alieníxenas. Estamos interesados en mercarlle-la súa finca.
-¡Edelmira! ¡Edelmira! Xa está o listo do teu irmán amolándome outra vez. Cando o vexa, háse enterar.

Casi o conseguen nos casos que:

-Ola?
-Ola.
-Son un subsecretario das forzas de invasión alieníxenas. Estamos interesados en mercarlle-la súa finca.
-Moi ben.
-Que extensión ten a súa finca?
-Vinte ferrados.
-Mmm... iso ben sendo uns oito mil metros cadrados.
-Non ho, son nove mil cincocentos de millo e catrocentos metros de horta, pero iso nesta parroquia. Porque a douscentos metros daquí, veñen sendo uns doce mil metros. Pero nese caso, só de millo.

Ó alieníxena estoupoulle a cabeza e Galicia ficou ceibe e minifundista dous mil anos máis.

Ata logo.

Campos de millo

Teño un campo de millo na cabeza. Este é a miña primeira entrada neste caderno e francamente non sei que poñer. Non sei se escribir sobre min ou sobre algo que me pasase, seguir ca liña das outras entradas publicadas, ou simplemente agarrarme ós temas de sempre como a politica ou o tempo e todo o relacionado con eles. Agardo no futuro telo un pouco máis claro porque como dixen ó comezo hoxe teño un campo de millo na cabeza, que non me deixa atoparme a min mesmo, estou perdido nun laberinto formado por espigas de millo, que me impide pensar con claridade, que non me deixa decidirme por un tema ou outro, poderíase dicir que incluso que me pon nervioso o feito de estar aquí sentado na miña silla escribindo estas liñas.
Por oxe creo que mellor será que o deixe que me estou poñendo demasiado sentimental e non quero poñer algunha tonteria, espero estar máis inspirado outro día.
Para quen colla o meu testigo deixolle estas duas frases, agardo que algunha lle sirva para comezar con bo pé a súa entrada, sinto que teñan certo ton político pero oxe non teño o meu día.
Frase 1 - Galiza ceibe.
Frase 2- Universitarios boicotean unha conferencia da presidenta do PP vasco.
quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008

A CHAVE MÁXICA



.tantas veces coma na ditadura precedente.


.así as cousas, e como parece que non avanzamos, decidín coller unha chave máxica que atopei nalgun recuncho da miña casa. a ver, non é que sexa máxica exactamente é que o parece, se cadra por ese aspecto de antigo que lle dá o feito de estar tan sucia. pensei que podería ser que con ela iniciásemos novamente esta páxina colectiva. que é unha mágoa, veña. pode ser que estedes canso ou que perderades a ilusión ante estes artigos políticos. non me estraña. entón propoño levantar o ánimo e seguir.

para iso propoño tres frases. podedes elixir:

FRASE A)

teño un campo de millo na cabeza

FRASE B)

parece que existe unha tenda de teas marabillosas naquela aldea...

FRASE C)

non me gusta nada comer carne picada

segunda-feira, 1 de outubro de 2007

O noso voto feminino


Por iso, toda a labor desta xente é digna de mencionar. Por iso mesmo, porque é importante e moitas veces descoñecemos certos datos que cómpre que saian á luz de cando en vez. Fronte ós prexuízos, a verdade debe sair a flote. E se estamos a falar da muller, falemos de como acadou os seus dereitos políticos a muller galega.

A pesar dos vagos intentos durante a Restauración de darlles dereitos políticos ás mulleres, non sería ata a ditadura de Primo de Rivera cando os comezasen a acadar. En 1924, o chamado Estatuto Municipal concedía o dereito a sufraxio das mulleres independentes maiores de 23 anos. Paradóxicamente a Ditadura situaba a Hespaña nun dos paises máis igualitarios en dereitos políticos. A cousa seguíu medrando e para un deses plebiscitos de "adhesión" que tanto lles gusta ós totalitarios, permitiuse o voto ós españois maiores de 18 anos de ambos sexos (1927). Así pois derríbase o mito do voto da muller concedido na República.

Pero non serei eu quen lle quite méritos á plena igualdade política entre homes e mulleres, que de feito acádase na República para votar en referendos, eleccións municipais e eleccións xerais.

As Cortes Constituínetes de 1931 tiñan o anteproxecto de No podrán ser fundamento de privilegio jurídico: el nacimiento, la clase social, la riqueza, las ideas políticas y las creencias religiosas. Se reconoce en principio la igualdad de derechos de los dos sexos. E como é ben sabido, Clara Campoamor, deputada radical (dereita republicana), nunha das máis memorables sesións do prlamentarismo español, logrou que se modificase a redacción da Constitución para que quedara: No podrán ser fundamento de privilegio jurídico: la naturaleza, la filiación, el sexo, la clase social, la riqueza, las ideas políticas, ni las creencias religiosas. El Estado no reconoce distinciones o títulos nobiliarios. A súa contrincante no debate era outra muller, Victoria Kent (Izquierda Republicana), que temía que o voto feminino servira para beneficiar eletoralmente ós conservadores. Segundo a Kent, ela non dudaba "da capacidade da muller", senón que se preocupaba "da oportunidade da República". Cando por fin se aprobou o ufraxio feminino nas Cortes Repubñicanas, Indalecio Prieto, do PSOE e comunista a máis non poder, declarou "esta es una puñalada trapera para la República". Como tantos outros republicanos daquel entón, quería que a xente votase en liberdade... sempre que lles votase ós seus.

Lástima que a Constitución da República de 1931 non recollera a plena igualdade como cacarean hoxe os progres: o presidente da República só podía ser un varón de máis de 40 anos. Mecachis.

Pero por fin, para as eleccións de 1933, homes e mulleres votaron por primeira vez en pé de igualdade. Cousa que se repetiría en 1936. Sendo esas as dúas veces que as mulleres votaron no conxunto do país durante a República. Tantas veces como na Ditadura precedente.