O caso e que hai moitas e moitas e que cada día vanse renovando. É certo, un sen número de razóns que me levan a erguerme cada mañá para ir á facultade, a estar contento co momento que me tocou vivir. Falaba Silvio dunha pequena presentación a modo de debut no espazo que inauguramos. Pois ben, a min gustaríame ser definido como físico e galego. Eu diría que esas son as miñas dúas maneiras de estar no mundo. A física, a ciencia por excelencia, o culme do saber humano, ao meu modo de ver. Galiza, o meu país, os galegos, a miña xente. E alédame saber que isto último compartímolo moitos dos que aquí escribimos.
Imposíbel esquecela a ela, sempre cun sorriso esperando, abondo para xustificar un día. A familia, os amigos, todo un conxunto heteróxeneo pero sen o cal a vida dun sería completamente distinta e case seguro que peor.
Resultame curioso verme expoñendo ante miradas estrañas os meus pensamentos. Nunca o fixera antes e resulta unha sensación agradábel. Estréome pois no mundo dos blogs dunha forma
Remato esta primeira intervención agradecendo eu tamén a Silvio a oportunidade e, como Deus si xoga aos dados, deixándoo todo ao azar...
1 ELOS:
Os meus parabéns para unha fantástica idea, e moita sorte!
Enviar um comentário