O caso e que hai moitas e moitas e que cada día vanse renovando. É certo, un sen número de razóns que me levan a erguerme cada mañá para ir á facultade, a estar contento co momento que me tocou vivir. Falaba Silvio dunha pequena presentación a modo de debut no espazo que inauguramos. Pois ben, a min gustaríame ser definido como físico e galego. Eu diría que esas son as miñas dúas maneiras de estar no mundo. A física, a ciencia por excelencia, o culme do saber humano, ao meu modo de ver. Galiza, o meu país, os galegos, a miña xente. E alédame saber que isto último compartímolo moitos dos que aquí escribimos.
Imposíbel esquecela a ela, sempre cun sorriso esperando, abondo para xustificar un día. A familia, os amigos, todo un conxunto heteróxeneo pero sen o cal a vida dun sería completamente distinta e case seguro que peor.
Resultame curioso verme expoñendo ante miradas estrañas os meus pensamentos. Nunca o fixera antes e resulta unha sensación agradábel. Estréome pois no mundo dos blogs dunha forma que ao final resulta orixinal para todos. Sinceramente, prefiroo así. Un lugar de encontro, de contraste, de colaboración. Onde todos estamos unidos pero somos independentes á vez. A xeito de pequeno resumo para os que agardábades unha presentación máis concreta pódovos dicir que son picheleiro (e a moita honra!!), do 84 e como imaxinaredes despois da miña disquisición anterior estudante de física. En concreto no último ano.
Remato esta primeira intervención agradecendo eu tamén a Silvio a oportunidade e, como Deus si xoga aos dados, deixándoo todo ao azar...
1 ELOS:
Os meus parabéns para unha fantástica idea, e moita sorte!
Enviar um comentário