sábado, 9 de junho de 2007

Marabillosa urxencia

"Un amiguiño para botar un polbo de vez en cando, nada máis." Sei que iso é o que Manola buscaba en min. Porén eu precisaba mais. Non eran abondo estes encontros sexuais dos martes. O meu calendario cambiara para sempre, o día en vermello xa non era o domingo, era o martes. Aquelas porcalladas agochados nun recuncho do portal, sempre atentos ós veciños que baixaran. Nunca se me ocorrera que puidera ter algún atractivo o perigo, pero ainda lembro o día que pasou a vella do quinto co seu can. Mentras a rata peluda esa ladraba o sangue corría mais e mais rápido, e eu movíame mais e mais rápido, e Manola parecía a piques de estoupar, contendo un berro que lle saía de tan adentro que case reventa. ¡Ainda tería coña que a vella nos atopara! -"!Ay, Manoli!, !nunca imaginé esto de ti!, ¡pero que golfa!" Pois si, señora e as gañas que tiña vostede, ¡envexa podre! que se se lle puxera a tiro o parroco ese noviño... Pero non podemos seguir así, calquera día nos collen e todo podería rematar, ademais o mundo está cheo de recunchos fora desta escaleira e ainda temos moito que explorar. Por iso lle teño que propoñer que amplie o horario de 'traballo'. Ainda non sei o que me vai dicir.

1 ELOS:

Anónimo disse...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.