Vou arrincar todos os pósters das paredes. Non hai máis ídolos, nin iconas, nin conas nin carallos. Punto cero, inflexión na miña vida. Cantas veces mo prometera: dende hoxe comezamos unha nova vida. Nin eu mesma mo cría.
Pero hoxe é certo, hoxe comezo unha nova vida. E como quero que así sexa, tomei a determinación imprescindible para cumprir co meu proxecto: eliminar todo aquilo que me recorde quen son. Só me quedan os pósters.
Así que comecei por despedirme do traballo. Largueime daquela oficina gris, escura que me limitaba e me convertía nun cíborg. Despois fun e deixei ao meu home. Recordábame demasiadas cousas, e está claro que non podería vivir con el se realmente tiña expectativas de darlle un cambio radical á miña vida.
Algo tan simple non foi quen de entendelo. Por máis que insistín en explicarllo el comezou a chorar (que ridículo), que se me quería, que non podía comprender esa decisión, que eu significaba tanto para el... Bla bla bla. De verdade, era unha conversa tan absurda... Púxose nervioso, comezou a berrar polo cuarto dicindo que era unha egoísta, que tiña que asumir que el era parte da miña vida.
Daquela deime de conta que tiña razón: el era parte da miña vida, mentres seguira alí non podería comezar unha nova vida.
Así que asasineino. Non me quedou outro remedio. Xa botei o corpo ao río, claro, despois de queimalo con cal, que aínda que busco unha nova vida non a quero no cárcere. O único que conservarei da miña vida pasada é o piso, non está o mundo como para mercar outro. Agora vou arrincar os pósters que quedan no meu cuarto.
Despois tirareinos cos mobles e todos eses trastos vellos que din quen fun. E pintarei todos os cuartos de azul. Gústame o azul clariño.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 ELOS:
fixen un re-mix co teu re-start e coa obsesión da rosa, moi bo ese comezar de novo :)
Ola¡ Gustoume esta continuación. Moi bo Elianinha( valdeorosa)
Ich meine, dass Sie nicht recht sind. Schreiben Sie mir in PM, wir werden besprechen. viagra online cialis rezeptfrei apotheke [url=http//t7-isis.org]cialis kaufen schweiz[/url]
Enviar um comentário